Interpretación do Patrimonio. Curso de Especialización en Guía-intérprete

Un ano máis, Amigos da Terra aposta pola formación de profesionais en Interpretación do Patrimonio. O 28, 29 e 30 de novembro celabrarase en As Corcerizas o curso de especialización Guía-intérprete de espazos naturais.

Despois do éxito do curso de iniciación impartido o pasado outono, ábrese a oportunidade de continuar coa especialización no coñecemento de técnicas e metodoloxías para planificar, deseñar, desenvolver e avaliar actividades guiadas ou de contacto co público. Para logralo aplicaremos de xeito práctico os contidos tratados durante a fin de semana.

Imparten: Antón Lois (Cooperativa Teixugo) e Diego Vázquez (Cooperativa Platalea), profesionais de recoñecida experiencia en Educación Ambiental e Interpretación do Patrimonio.

Información e reservas: 988 374 318 / info@ascorcerizas.com

INFORMACIÓN AMPLIADA DO CURSO

     Comments (5)

Arranxo das macrofitas en As Corcerizas

A semana pasada estivemos en As Corcerizas dándolle unha revisión ao sistema de depuración das augas residuais, que como xa moitos/as saberedes, faise mediante balsas con plantas acuáticas en flotación (as famosas macrofitas)

Carlos, técnico comercial da empresa Macrófitas, voltou a ofrecernos o apoio, a colaboración e o asesoramento da súa empresa. Ensinounos as últimas novidades técnicas e levounos plantas a fin de ampliar o rendimento da nosa depuradora. Esta visita fíxonos moita ilusión, xa que tras a nosa experiencia precursora, a Xunta de Galicia está levando outros dous proxectos galegos nas cercanías de As Corcerizas. Un lévase en Vilar das lebres mentres o outro ubícase no parque natural do Xurés en Salgueiro.

Ler máis…

     Comentarios fechados

Roteiro pola Serra, ioga, relaxación… Apetéceche?

Dentro da programación das Fins de Semana Alternativas 2008, está prevista para o vindeiro 10, 11 e 12 de Outubro a Xornada de Ioga, relaxación e andaina pola Serra.

Unha fin de semana onde poderás descubrir e disfrutar da paisaxe otoñal da Serra Ourensá, ao tempo que equilibras os ritmos do corpo e da mente.

Ioga
Roteiro interpretativo pola Serra

Apúntate canto antes! As plazas son limitadas.

     Comentarios fechados

… e o tesouro foi atopado

Música, risas, ambiente distendido e complicidade na montaña, foron as chaves para atopar o grande tesouro que Amigos da Terra tiña preparado en As Corcerizas…

… un tesouro que se agocha no medio da Serra, e que a natureza bríndase a compartir contigo sempre que queiras

Actividade de orientación na montaña
Actividade de orientación na montaña

… un tesouro se cabe máis sorprendente, capaz de nutrir a nosa mente e corpo, permitíndonos o autocontrol e a convivencia en sociedade.

actividade de musicoterapia

As Corcerizas quedou tamén fortemente enriquecida coa estancia do grupo de participantes das xornadas; por elo, moitas gracias.

En breve estarán á vosa disposición máis fotos da fin de semana… estade atentos/as ás novas da web

     Comentarios fechados

Grandes melloras en As Corcerizas despois da fin de semana de voluntariado

Os/as voluntarios/as de Amigos da Terra pasaron uns días en As Corcerizas de convivencia e traballo común, gracias ao que se realizaron importantes melloras no equipamento: restauración de madeira con tratamentos ecolóxicos, limpeza de camiños, arranxos na cuberta vexetal dos tellados, melloras no mobiliario do albergue, mantemento dos paneis fotovoltaicos… Tamén puideron coñecer a zona a través dun roteiro pola montaña e disfrutar de xogos, veladas e obradoiros, como facer xabón reciclando aceite ou cociña vexetariana.

080905_voluntariado23.jpg 080905_voluntariado34.jpg
080905_voluntariado7.jpg

Amigos da Terra agradece a todos/as o esforzo e ilusión por sacar o traballo adiante, e o apoio mostrado ao proxecto de As Corcerizas.

Podedes ver todas as fotos desta actividade nas galerias fotográficas de Amigos da Terra.

     Comentarios fechados

« Seguinte páxinaPáxina anterior »