Programa “Sentir, coñecer, actuar” 2009
As actividades do programa de educación ambiental, “Sentir, Coñecer, Actuar” 2009, continúan a súa andaina no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas.
URL da información Comentarios fechados
As actividades do programa de educación ambiental, “Sentir, Coñecer, Actuar” 2009, continúan a súa andaina no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas.
URL da información Comentarios fechados
“Camiñando ao son das montañas” a actividade coa que Amigos da Terra participa no programa Naturalmente Galiza, chega ao seu ecuador, tras dúas fins de semana nas que os participantes, puideron disfrutar da Serra de San Mamede cunha ruta ambiental interpretativa ata o Bidueiral de Montederramo e unha actividade de técnicas de supervivencia na montaña entre outras.

URL da información Comentarios fechados
Do 3 ao 9 de maio celebrouse en As Corcerizas, o 1º encontro de ex-voluntarios de Amigos da Terra.

Un total de vinte ex-voluntarios, españois e chegados de diferentes países ( Francia, Lituania, Alemania, Grecia, Hungría, Inglaterra, Finlandia, Bélxica, Austria e Nicaragua), reuníronse no centro de educación ambiental, co obxectivo de reflexionar sobre a adaptación do modo de vida sostible no día a día. Ler máis…
Esta fin de semana, celebrarase no Centro de Educación Ambiental de As Corcerizas a parte práctica do curso de “Cooperación ao Desenvolvemento e Medio Ambiente”, organizado por Amigos da Terra en colaboración ca Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, a Axencia Española para o Desenvolvemento (AECID) e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), e cuxa parte teórica levouse a cabo durante esta semana en distintas cidades galegas.

URL da información Comentarios fechados
Dentro da programación do curso de “Iniciación á Educación Ambiental”, organizado polo CEIDA no Castelo de Santa Cruz e que celébrase do 22 ao 24 de abril, mañá, mércores participaremos co proxecto de As Corcerizas na mesa redonda “Asociacionismo e Educación Ambiental en Galicia”, compartindo mesa con outras entidades de carácter ambiental de Galicia.
URL da información Comentarios fechados