“Camiñando ao son das montañas” chega ao seu ecuador

“Camiñando ao son das montañas” a actividade coa que Amigos da Terra participa no programa Naturalmente Galiza, chega ao seu ecuador, tras dúas fins de semana nas que os participantes, puideron disfrutar da Serra de San Mamede cunha ruta ambiental interpretativa ata o Bidueiral de Montederramo e unha actividade de técnicas de supervivencia na montaña entre outras.

naturalmente2.jpg

A choiva que nos acompañou durante as dúas primeiras xornadas, non foi impedimento para a realización das distintas actividades, ata algún participante gozou máis do baño termal no Balneario de Baños de Molgas tras a molladura. Con todo, esperamos que na terceira, que terá lugar esta fin de semana, o sol nos acompañe, e poidamos disfrutar aínda máis das actividades propostas.

naturalmente.jpg

O programa ambiental “Naturalmente Galiza”, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, pretende mellorar o coñecemento físico, histórico e cultural de Galicia entre a mocidade e sensibilizar aos máis novos, da importancia da conservación do noso patrimonio.

Os comentarios están fechados.