Iº Encontro de ex-voluntarios europeos en As Corcerizas

Do 3 ao 9 de maio celebrouse en As Corcerizas, o 1º encontro de ex-voluntarios de Amigos da Terra.

encontro_sve-004.jpg

Un total de vinte ex-voluntarios, españois e chegados de diferentes países ( Francia, Lituania, Alemania, Grecia, Hungría, Inglaterra, Finlandia, Bélxica, Austria e Nicaragua), reuníronse no centro de educación ambiental, co obxectivo de reflexionar sobre a adaptación do modo de vida sostible no día a día.

Deste xeito, os participantes ademais de actualizar os seus coñecementos sobre o equipamento do centro, levaron a cabo moitas actividades durante a súa estancia en As Corcerizas. Debateron sobre a publicidade e as súas consecuencias sociais e ambientais, fixeron dous obradoiros de consumo alternativo co fin de desenvolver as redes económicas locais, levaron a cabo varios espazos de intercambio cultural nos cales puideron probar exquisitas especialidades de cada país, un obradoiro de teatro, unha ruta pola Serra, etc..

img_0270.JPG

Segundo os responsables, o encontro foi todo un éxito e xa están pensando en repetir, sobre todo grazas á participación activa dos ex-voluntarios nas distintas actividades, así como ao feito de que puidese desenvolverse en As Corcerizas, un exemplo práctico sobre como plantexar un modelo de vida sostible en harmonía coa natureza.

img_0244.JPG

2 Comments

  1. Nelson Pinheiro (Açores) comenta:

    Maio 25, 2009 @ 10:32 p.m.

    Boa tarde meus amigos,
    tanho imensa pena de nao poder ter comparecido a esse encontro de ex-voluntários, mas se pensarem fazer uma segunda edição, gostaria muito de participar com os meus conheçimentos e refletir sobre o que há a falar.

    tudo de bom para todos e um bem haja! 😉

    Nelson

  2. Analía comenta:

    Xuño 23, 2009 @ 7:24 p.m.

    Ei Nelson! que bom manter o contacto (ainda que sexa por e-mail).
    Como houbera gostado de verte na Serra e lembrar con sorrisos esos intensos pero grandes inicios do proxecto…
    O encontro foi moi positivo e, coma todo@s, esperamos xa unha segunda edición. Na mentras, xa sabes que podes vir cando queiras a facernos unha visitilla… que sempre da muita alegría!

    Vémonos pronto entón!
    Apertas e beijos, Analía

RSS dos comentarios desta entrada