Campamentos de Verán

CAMPAMENTOS DE VERÁN AS CORCERIZAS
Ofrece unha boa alternativa e verás cambiar o mundo

Amigos da Terra conta cun equipo con ampla experiencia e cualificación. A súa longa traxectoria en temas de educación, formación, animación e divulgación, aportan a confianza necesaria que garante un campamento de alta calidade; onde os/as participantes adquirirán coñecementos e actitudes de xeito informal, que os capacitarán para vivir con coherencia e respecto nunha sociedade de futuro.

Tomando como referencia o Decreto 50/2000, as nosas actividades desenvolveranse cun ratio de 1 monitor/a por cada 10-12 participantes, un/unha director/a e, un/unha socorrista titulado/a cando a actividade o requira. Cumprindo coas esixencias legais o equipo educativo está constituído por persoal titulado, acreditando formación en materia de medio ambiente, educación e ocio e tempo libre; contando cunha ampla experiencia en campamentos, campos de traballo, actividades extraescolares, educación ambiental, etc.