Campamentos de Verán
CAMPAMENTOS DE VERÁN AS CORCERIZAS
Ofrece unha boa alternativa e verás cambiar o mundo
![]() |
|
Os obxectivos e metodoloxía de Amigos da Terra teñen como referencia á Estratexia Galega de Educación Ambiental, e axústanse ás recomendacións da Carta de Calidade dos Equipamentos de Educación Ambiental.
Os obxectivos, presentes no desenvolvemento de todas as actividades, son:
- Descubrir, coñecer e comprender as interacións entre humanidade e medio, baseadas nos principios de sostibilidade.
- Chegar a tomar conciencia da importancia do medio ambiente na vida cotiá e valorar a transcendencia da mellora do entorno polas xeracións futuras, para mellorar a calidade de vida.
- Espertar a curiosidade das/dos participantes mediante comprobacións empíricas; potenciando a imaxinación, a axilidade mental e a capacidade de crítica.
- Facer conscientes ás/aos participantes das problemáticas ambientais e da necesidade de conservación, fortalecendo ou creando unha conciencia ambiental.
- Educar en desenvolver valores que permitan un cambio de actitude cara unha sociedade máis comprometida coa solidaridade.
- Incorporar hábitos dunha alimentación sana e sustentable, transmitindo aos/ás participantes a súa importancia e repercusións sociais, mediambientais e económicas.
- Lograr que os/as participantes adquiran actitudes, aptitudes e capacidades tales como psicomotricidade, cooperación, respecto mutuo, coordinación, socialización…




Programa Xeral
Programa Escolar:
Portada
