Campamentos de Verán

CAMPAMENTOS DE VERÁN AS CORCERIZAS
Ofrece unha boa alternativa e verás cambiar o mundo

O Centro de Educación Ambiental As Corcerizas conta con 4 edificios principais independentes integrados no ecosistema forestal da Serra de San Mamede: aulario, casa das enerxías, albergue e comedor. Ademais dispón de varias construcións complementarias.

Aulario: construído con arquitectura bioclimática e materiais de bioconstrución, garantindo a total comodidade dos/as participantes. Posúe unha superficie de 80m2. A aula está equipada con mobiliario docente para máis de 30 participantes, ademais dos elementos auxiliares necesarios e medios audiovisuais.

Comedor: instalación tamén feita con criterios e materiais de bioconstrución. Dispón de mobiliario necesario para ofrecer servizo ate 80 persoas, unha sala multiusos-comedor superior a 50m², e aseos diferenciados por sexos e outro aseo con adaptación para persoas con discapacidade.

Albergue: reformado con criterios e materiais de bioconstrución, con capacidade para 40 persoas (2 camas adaptadas para persoas con discapacidade). Dispón de aseos diferenciados por sexos, e un salón e cociña de uso comunitario, con calefacción en todas as habitacións.

Casa das enerxías: nela centralízanse todos os sistemas de produción e distribución enerxética das distintas fontes renovables que autoabastecen as instalacións.

Outras construcións: turbina, potabilizador, aeroxerador.