Arquivo de Novas

Posta en marcha do plan enerxético 2006

Conforme ás melloras establecidas no convenio de colaboración entre Amigos da Terra e o Inega, estase procedendo á instalación dun sistema de xeración térmica por biomasa, que proveerá ás instalacións de As Corcerizas dun innovador sistema de calefación automático para o seu quecemento, á vez que mellorará o rendemento do xa existente no albergue. Ademáis dotará de auga quente sanitaria á aula e ao comedor.

Para a montaxe e posta en marcha desta instalación de Biomasa contamos co apoio da empresa de Enerxías Renovables Termia, gracias á cal implantaremos un avanzado modelo de caldeira que pode utilizar como combustible diferentes tipos de subproductos ou residuos: pellets, serrín, osos de aceituna…

termia
Proxectos e Instalacións de Enerxías Renovables

Os motivos polos que a biomasa, a pesar de usar a combustión, é máis ecolóxica que os combustibles fósiles como os derivados do carbón ou petróleo, é que o balance de CO2 é neutro, xa que a cantidade que a caldeira expulsa para a combustión da biomasa é igual á que esta biomasa capturou da atmósfera durante o seu crecemento.

excavación

Gracias ao esforzo conxunto de Amigos da Terra, o Concello de Vilar de Barrio, e a Asociación Amigos dos Milagres e San Mamede, faise realidade este proxecto que aporta un pouco máis de sustentabilidade ao conxunto do Centro.

     Comentarios fechados

Campos de Traballo 2006: NOVAS TECNOLOXÍAS NO MEDIO RURAL E EDUCACIÓN PARA A SOSTIBILIDADE

Durante o mes de agosto, o Centro de Educación Ambiental As Corcerizas abre un espazo para a participación nun proxecto innovador a través de dous Campos de Traballo de ámbito nacional.

Ademáis de traballos relacionados con enerxías renovables e bioconstrución, esta proposta leva asociada a implantación dun sistema de depuración natural de augas residuais mediante plantas acuáticas en flotación (macrofitas), presentándose coma o complemento ideal no sistema de xestión integral sostible do Centro.

macrofitas
foto: macrofitas.com

Tamén haberá excursións pola natureza, roteiros interpretativos ambientais e etnográficos para o seu acondicionamento, actividades de orientación, realización de obradoiros, actividades relacionadas coa educación e sensibilización ambiental, cooperación e comercio xusto, agricultura ecolóxica… e como non tamén haberá espazo para o ocio e a diversión.
O prazo para apuntarse en Galicia abrirase a finais de abril, estade atentos para facer a vosa reserva a través da Direción Xeral de Xuventude ou nos servizos provinciais.

Para reservar prazas dende fóra de Galicia, deberedes dirixirvos aos servizos de Xuventude das vosas comunidades ou na Dirección Xeral de Xuventude de Galicia.

Contactos:
Dirección Xeral de Xuventude Galicia: 981/544.838 e 981/544.851
Servizo de Xuventude de Ourense: 988/386.112-386.118

Vémonos en agosto!

     Comentarios fechados

O Instituto Enerxético de Galicia aposta polo Centro de Educación Ambiental As Corcerizas

O convenio de colaboración entre Amigos da Terra e o INEGA permitirá unha gran mellora do actual sistema enerxético que abastece ao Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, baseado exclusivamente en enerxías renovables.

O INEGA suministrará e levará a cabo a instalación dun novo aeroxenerador ademáis de xestionar o vello restituído, incrementando o aporte enerxético actual.

Ademáis implantarase un novo sistema de calefación automático para o quecemento das instalacións e da auga sanitaria na aula e no comedor do Centro, á vez que mellorará o rendemento do sistema xa existente no albergue.

INEGA

Agora máis que nunca, “As Corcerizas” estase a convertir nun recurso innovador para a Educación Ambiental, aberto a todo o mundo que se queira achegar a este enclave natural da Serra de San Mamede.

     Comentarios fechados

Amigos da Terra ofrece un posto de traballo na asociación

Amigos da Terra ofrece a oportunidade de traballar como director/a no campo de traballo “Novas Tecnoloxías no Medio Rural e Educación para a Sostibilidade na Serra de San Mamede” que terá lugar este verán en As Corcerizas.

O Albergue e Centro de Educación Ambiental As Corcerizas xestionado pola asociación Amigos da Terra, demostra a viabilidade dunha vida sostible mediante experiencias con enerxías renovables, bioconstrución e o uso de sistemas alternativos de tratamento de residuos. A educación ambiental, a integración local e a cooperación, serán as pezas clave para acadar os obxectivos deste proxecto.

Esta proposta leva asociada a implantación dun sistema de depuración natural mediante plantas acuáticas (Filtro de Macrofitas Flotante), que polo seu carácter innovador e formativo, esperta moito interese, presentándose coma o complemento ideal no sistema de xestión integral sostible do Centro.

Descrición da oferta:

Título: Director/a de campo de traballo “Novas Tecnoloxías no Medio Rural e Educación para a Sostibilidade na Serra de San Mamede”.

Duración: 2 campos de traballo de 15 días durante o mes de agosto de 2006

Imprescindible:

  • Título oficial director/a de campos de traballo
  • Experiencia en campos de traballo
  • Sensibilización e Concienciación Ambiental
  • Capacidade de traballo en equipo
  • Capacidade de comunicación e habilidades sociais
  • Dominio da lingua galega e o castelán

Valorarase:

  • Experiencia en campos de traballo relacionados co medio ambiente
  • Coñecementos e formación sobre resíduos, enerxías alternativas e bioconstrución
  • Traballo de voluntariado en asociacións
  • Carnét de conducir B1

Prazas: 1

Data límite para a entrega de currículum: 26 de Marzal de 2006

Correo electrónico: info@amigosdaterra.net
Teléfono: 988 374 318

     Comentarios fechados

A ONG ecoloxista Húngara ZÖLD-HÍD visita o Centro de Educación Ambiental As Corcerizas

O interese polo coidado da natureza e algo tan importante como é a Educación Ambiental uniu neste día a dúas culturas como son Galega e Húngara na procura de novas visións para unha educación de calidade.

ZOLD-HID

O grupo de traballadores, na súa viaxe por diferentes centros que consideran referentes ao longo do país, chegaron ata San Mamede para coñecer a realidade dun modo de vida máis sustentable e respectuoso co ambiente e os seus recursos. Coñeceron dun xeito tanxible cómo unha construcción sá e o feito de estar abastecidos exclusivamente de enerxías renovables dota ao Centro dunha autosuficiencia e singularidade que se converten nun recurso educativo en sí mesmo.

O intercambio de información e o contacto para futuras colaboracións son mostra do entusiasmo que compartimos moitos por acadar o urxente e necesario cambio da concienciación cidadá.

     Comentarios fechados

« Seguinte páxinaPáxina anterior »