Campos de Traballo 2006: NOVAS TECNOLOXÍAS NO MEDIO RURAL E EDUCACIÓN PARA A SOSTIBILIDADE

Durante o mes de agosto, o Centro de Educación Ambiental As Corcerizas abre un espazo para a participación nun proxecto innovador a través de dous Campos de Traballo de ámbito nacional.

Ademáis de traballos relacionados con enerxías renovables e bioconstrución, esta proposta leva asociada a implantación dun sistema de depuración natural de augas residuais mediante plantas acuáticas en flotación (macrofitas), presentándose coma o complemento ideal no sistema de xestión integral sostible do Centro.

macrofitas
foto: macrofitas.com

Tamén haberá excursións pola natureza, roteiros interpretativos ambientais e etnográficos para o seu acondicionamento, actividades de orientación, realización de obradoiros, actividades relacionadas coa educación e sensibilización ambiental, cooperación e comercio xusto, agricultura ecolóxica… e como non tamén haberá espazo para o ocio e a diversión.
O prazo para apuntarse en Galicia abrirase a finais de abril, estade atentos para facer a vosa reserva a través da Direción Xeral de Xuventude ou nos servizos provinciais.

Para reservar prazas dende fóra de Galicia, deberedes dirixirvos aos servizos de Xuventude das vosas comunidades ou na Dirección Xeral de Xuventude de Galicia.

Contactos:
Dirección Xeral de Xuventude Galicia: 981/544.838 e 981/544.851
Servizo de Xuventude de Ourense: 988/386.112-386.118

Vémonos en agosto!

Os comentarios están fechados.