A ONG ecoloxista Húngara ZÖLD-HÍD visita o Centro de Educación Ambiental As Corcerizas

O interese polo coidado da natureza e algo tan importante como é a Educación Ambiental uniu neste día a dúas culturas como son Galega e Húngara na procura de novas visións para unha educación de calidade.

ZOLD-HID

O grupo de traballadores, na súa viaxe por diferentes centros que consideran referentes ao longo do país, chegaron ata San Mamede para coñecer a realidade dun modo de vida máis sustentable e respectuoso co ambiente e os seus recursos. Coñeceron dun xeito tanxible cómo unha construcción sá e o feito de estar abastecidos exclusivamente de enerxías renovables dota ao Centro dunha autosuficiencia e singularidade que se converten nun recurso educativo en sí mesmo.

O intercambio de información e o contacto para futuras colaboracións son mostra do entusiasmo que compartimos moitos por acadar o urxente e necesario cambio da concienciación cidadá.

Os comentarios están fechados.