Amigos da Terra ofrece un posto de traballo na asociación
Amigos da Terra ofrece a oportunidade de traballar como director/a no campo de traballo “Novas Tecnoloxías no Medio Rural e Educación para a Sostibilidade na Serra de San Mamede” que terá lugar este verán en As Corcerizas.
O Albergue e Centro de Educación Ambiental As Corcerizas xestionado pola asociación Amigos da Terra, demostra a viabilidade dunha vida sostible mediante experiencias con enerxías renovables, bioconstrución e o uso de sistemas alternativos de tratamento de residuos. A educación ambiental, a integración local e a cooperación, serán as pezas clave para acadar os obxectivos deste proxecto.
Esta proposta leva asociada a implantación dun sistema de depuración natural mediante plantas acuáticas (Filtro de Macrofitas Flotante), que polo seu carácter innovador e formativo, esperta moito interese, presentándose coma o complemento ideal no sistema de xestión integral sostible do Centro.
Descrición da oferta:
Título: Director/a de campo de traballo “Novas Tecnoloxías no Medio Rural e Educación para a Sostibilidade na Serra de San Mamede”.
Duración: 2 campos de traballo de 15 días durante o mes de agosto de 2006
Imprescindible:
- Título oficial director/a de campos de traballo
- Experiencia en campos de traballo
- Sensibilización e Concienciación Ambiental
- Capacidade de traballo en equipo
- Capacidade de comunicación e habilidades sociais
- Dominio da lingua galega e o castelán
Valorarase:
- Experiencia en campos de traballo relacionados co medio ambiente
- Coñecementos e formación sobre resíduos, enerxías alternativas e bioconstrución
- Traballo de voluntariado en asociacións
- Carnét de conducir B1
Prazas: 1
Data límite para a entrega de currículum: 26 de Marzal de 2006
Correo electrónico: info@amigosdaterra.net
Teléfono: 988 374 318