Día Mundial da Enerxía
Amigos da Terra encontra este día moi axeitado para lembrar á cidadanía e ós gobernos que son moitas as accións que se poden ir tomando para un cambio nas políticas de uso de enerxía. As reservas enerxéticas que tardaron en formarse miles de anos se consumen en cuestión de minutos e van disminuíndo a un ritmo imparable. A queima dos combustibles fósiles para a producción de enerxía eléctrica ten 31 veces máis impactos ambientais que a súa obtención a través de enerxías renovables, e unha das repercusións máis preocupantes é a realidade do cambio climático.
As políticas cada vez máis sectoriais (medioambente, enerxía, transporte,..) necesitan dun enfoque integrador para acadar un obxectivo común: a diversificación e o aforro enerxético. Faise necesario un cambio hacia un sistema enerxético sostible baseado no fomento das enerxías renovables e do aforro enerxético.
“O incesante aumento de consumo enerxético co que se mantén a sociedade está acabando co capital natural. Consúmese máis do que se dispón a costa de que noutros lugares do mundo consúmese menos do que se posúe. Cumpre un consumo responsable e sostible que tenda ó autoabastecemento, o que vai ser beneficioso para o noso peto e o dos gobernos, para a calidade de vida e por suposto para o medioambiente, no que se reduciría o impacto do consumo de recursos naturais non renovables e a emisión de gases de efecto invernadoiro e causa do cambio climático”.
Atopámonos ante un reto de cambio a corto prazo, e para acadalo desde Amigos da Terra consideramos que a peza fundamental para conseguir cambios reais e efectivos é a concienciación e a sensibilización ambiental como vía para acadar o necesario e urxente aforro enerxético.
Por iso esiximos á Administración que actúe nesta liña e outras, como crear incentivos de aforro enerxético, crear e aumentar as subvencións para a bioconstrucción e instalación de paneis solares nas vivendas, crear cargas fiscais ao consumo de enerxías convencionais e disminuir outros impostos ao uso de enerxías renovables.
URL da información Comentarios fechados