Arquivo de Novas

Parapente e Papaventos na Serra de San Mamede

Parapente e Papaventos

Podes consultar a información completa no apartado:
ACTiViDADES 2006-2007
[Parapente e Papaventos]

     Comentarios fechados

Campamento de Semana Santa 2007

Do 1 ao 3 de abril, Amigos da Terra acolleu nenos e nenas do Concello de Tomiño en As Corcerizas. Tiñan entre 6 e 13 anos e, mediante a xestión da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), empezaban as vacacións de Semana Santa con nós.

Así foi como Thomas, voluntario europeo de Amigos da Terra, percibiou esta experiencia:

A programación das actividades era unha maneira de:

campamento semana santa TomiñoDescubrir o patrimonio natural a través de rotas de sendeirismo e actividades no exterior.

Adquirir, de xeito lúdico, coñecementos sobre resíduos, compostaxe, bioconstrucion e coñecer e experimentar en primerira persoa os beneficios das enerxías renovables.

campamento semana santa Tomiño

Unhas instalacións ecolóxicas nun entorno de alta montaña, xunto co experimentado equipo de monitores/as de Galicia Tempo Libre, fixo posible que os/as nenos/as puideran gozar dunha estancia educativa e un tanto singular na Serra San Mamede.

Campamento Semana Santa Tomiño

“O ambiente do campamento era moi feliz. As/os nenas/os, gostaron moito das instalacións, o contacto coa natureza e volveron a casa cunha apertura ambiental que poderán usar diariamente”.

[Fotografías da Actividade]

     Comentarios fechados

IV Xornadas técnicas e mostra tecnolóxica en Moaña

O Concello de Moaña, en colaboración co IES PARALAIA, desenvolve unhas xornadas durante os vindeiros 13, 14 e 15 de abril, coa finalidade de informar e dinamizar os aspectos relacionados coa bioconstrución e as enerxías alternativas.

Un ano máis Amigos da Terra participará nas xornadas. Nesta ocasión presentaremos o proxecto de tratamento de augas residuais Filtro de Macrofitas en Flotación, implantado en As Corcerizas durante o campo de traballo do verán de 2006.

xornadas_bioconstrucion_ene.jpg

No encontro trataranse ademáis temas de actualidade como o novo código técnico de edificación, criterios de eficiencia e aforro enerxético, plan de aproveitamento enerxético nos montes galegos, pinturas e vernices naturais… etc

Paralelamente no pavillón do Instituto haberá unha mostra na que participan diferentes empresas e colectivos que intentan dar a coñecer os principais atributos da bioconstrución, enerxías limpas e sensibilidade medioambiental.

Para máis información consulta o programa: IV Xornadas técnicas

     Comentarios fechados

III Andaina pola defensa do Bidueiral de Montederramo

Amigos da Terra organiza o 17 – 18 de marzo a III Andaina reivindicativa pola defensa do Biduerial de Montederramo.

Un ano máis convidámosvos a coñecer un espazo natural único e reivindicar ante a Administración, a obriga de levantar o valado e depurar responsabilidades políticas e empresariais.

Máis información na web de amigos da terra

     Comentarios fechados

Cando o sol alumea polas noites…

Cada vez que os raios solares cheguen á Serra de San Mamede, nas Corcerizas estaremos recollendo parte desa enerxía para compartila máis tarde contigo… cando prendas a luz, ao acender a radio, ou ao conectar o frigorífico.

placas solares fotovoltaicas en san mamede

O plan enerxético, en colaboración co Inega, iniciado no 2006 coa instalación da caldeira de biomasa, continúa con grande éxito no 2007.

Logo de varias xornadas de intenso traballo facendo fronte a inestabilidade climática propia destas datas, a semana pasada quedaba rematada a instalación enerxética solar fotovoltaica.

Gracias ao interese e profesionalidade da empresa Montaxes Lagoa, e tal e como estaba previsto, instaláronse 32 módulos fotovoltaicos que sumarán á produción existente, 5 kilowatios de “enerxía sostible”.

instalacion de placas solares en As Corcerizas


     Comentarios fechados

« Seguinte páxinaPáxina anterior »