Campamento de Semana Santa 2007
Do 1 ao 3 de abril, Amigos da Terra acolleu nenos e nenas do Concello de Tomiño en As Corcerizas. Tiñan entre 6 e 13 anos e, mediante a xestión da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), empezaban as vacacións de Semana Santa con nós.
Así foi como Thomas, voluntario europeo de Amigos da Terra, percibiou esta experiencia:
A programación das actividades era unha maneira de:
Descubrir o patrimonio natural a través de rotas de sendeirismo e actividades no exterior.
Adquirir, de xeito lúdico, coñecementos sobre resíduos, compostaxe, bioconstrucion e coñecer e experimentar en primerira persoa os beneficios das enerxías renovables.

Unhas instalacións ecolóxicas nun entorno de alta montaña, xunto co experimentado equipo de monitores/as de Galicia Tempo Libre, fixo posible que os/as nenos/as puideran gozar dunha estancia educativa e un tanto singular na Serra San Mamede.

“O ambiente do campamento era moi feliz. As/os nenas/os, gostaron moito das instalacións, o contacto coa natureza e volveron a casa cunha apertura ambiental que poderán usar diariamente”.



Programa Xeral
Programa Escolar:
Portada
