IV Xornadas técnicas e mostra tecnolóxica en Moaña

O Concello de Moaña, en colaboración co IES PARALAIA, desenvolve unhas xornadas durante os vindeiros 13, 14 e 15 de abril, coa finalidade de informar e dinamizar os aspectos relacionados coa bioconstrución e as enerxías alternativas.

Un ano máis Amigos da Terra participará nas xornadas. Nesta ocasión presentaremos o proxecto de tratamento de augas residuais Filtro de Macrofitas en Flotación, implantado en As Corcerizas durante o campo de traballo do verán de 2006.

xornadas_bioconstrucion_ene.jpg

No encontro trataranse ademáis temas de actualidade como o novo código técnico de edificación, criterios de eficiencia e aforro enerxético, plan de aproveitamento enerxético nos montes galegos, pinturas e vernices naturais… etc

Paralelamente no pavillón do Instituto haberá unha mostra na que participan diferentes empresas e colectivos que intentan dar a coñecer os principais atributos da bioconstrución, enerxías limpas e sensibilidade medioambiental.

Para máis información consulta o programa: IV Xornadas técnicas

Os comentarios están fechados.