Amigos da Terra comeza os campamentos de verán en As Corcerizas

Coa chegada do verán comezan os campamentos enmarcados dentro do proxecto Xornadas e Campamentos sobre Enerxías Renovables, financiado por Caja Madrid.
Nesta ocasión O IES Illa Saron de Lugo, pasou uns días en plena natureza e nun ambiente alternativo con enerxías renovables onde comprobaron por eles mesmos o seu funcionamento.

caixa-madrid-paisaxe.jpg

Os rapaces poideron, durante cinco días desfrutar do entorno natural da Serra de San Mamede e divertirse coas actividades que en As Corcerizas lles agardaban

caixa-madrid-arbore.jpg

E despois de moita actividade …mmmm …a xantar!!

caixa-madrid-comedor.jpg

Sempre hai tempo para aprender a artesanía do lugar e facerse expertos cesteiros

caixa-madrid-cesteria.jpg

Agardamos que volo pasárades ben! Ata o verán que vén!

     Comentarios fechados

Visitas educativas de colexios de Ourense a As Corcerizas

A asociación Amigos da Terra, xestora do Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, en colaboración co Concello de Ourense, inicia mañá unha serie de visitas sobre enerxías renovables e bioconstrución, de diferentes colexios de Ourense.

A visita consiste nun roteiro interpretativo polas instalacións para coñecer “in vivo” a viabilidade do uso de fontes enerxéticas alternativas, e os beneficios dunha construción coherente co medio e saudable para os seus usuarios. Xogos, obradoiros e pequenas rotas pola Serra completarán a estancia dos escolares no Centro.

Visita As Corcerizas

O obxectivo das actividades é dar a coñecer outra realidade dun xeito práctico e vivencial, descubrindo unha alternativa que nos permita vivir dun xeito máis sostible sen renunciar aos niveis de benestar acadados ata agora.

Centros escolares que visitarán As Corcerizas esta semana
25 de abril de 2006 Guillelme Brown
26 de abril de 2006 Divina Pastora
27 de abril de 2006 Covadonga

     Comentarios fechados

Posta en marcha do plan enerxético 2006

Conforme ás melloras establecidas no convenio de colaboración entre Amigos da Terra e o Inega, estase procedendo á instalación dun sistema de xeración térmica por biomasa, que proveerá ás instalacións de As Corcerizas dun innovador sistema de calefación automático para o seu quecemento, á vez que mellorará o rendemento do xa existente no albergue. Ademáis dotará de auga quente sanitaria á aula e ao comedor.

Para a montaxe e posta en marcha desta instalación de Biomasa contamos co apoio da empresa de Enerxías Renovables Termia, gracias á cal implantaremos un avanzado modelo de caldeira que pode utilizar como combustible diferentes tipos de subproductos ou residuos: pellets, serrín, osos de aceituna…

termia
Proxectos e Instalacións de Enerxías Renovables

Os motivos polos que a biomasa, a pesar de usar a combustión, é máis ecolóxica que os combustibles fósiles como os derivados do carbón ou petróleo, é que o balance de CO2 é neutro, xa que a cantidade que a caldeira expulsa para a combustión da biomasa é igual á que esta biomasa capturou da atmósfera durante o seu crecemento.

excavación

Gracias ao esforzo conxunto de Amigos da Terra, o Concello de Vilar de Barrio, e a Asociación Amigos dos Milagres e San Mamede, faise realidade este proxecto que aporta un pouco máis de sustentabilidade ao conxunto do Centro.

     Comentarios fechados

Campos de Traballo 2006: NOVAS TECNOLOXÍAS NO MEDIO RURAL E EDUCACIÓN PARA A SOSTIBILIDADE

Durante o mes de agosto, o Centro de Educación Ambiental As Corcerizas abre un espazo para a participación nun proxecto innovador a través de dous Campos de Traballo de ámbito nacional.

Ademáis de traballos relacionados con enerxías renovables e bioconstrución, esta proposta leva asociada a implantación dun sistema de depuración natural de augas residuais mediante plantas acuáticas en flotación (macrofitas), presentándose coma o complemento ideal no sistema de xestión integral sostible do Centro.

macrofitas
foto: macrofitas.com

Tamén haberá excursións pola natureza, roteiros interpretativos ambientais e etnográficos para o seu acondicionamento, actividades de orientación, realización de obradoiros, actividades relacionadas coa educación e sensibilización ambiental, cooperación e comercio xusto, agricultura ecolóxica… e como non tamén haberá espazo para o ocio e a diversión.
O prazo para apuntarse en Galicia abrirase a finais de abril, estade atentos para facer a vosa reserva a través da Direción Xeral de Xuventude ou nos servizos provinciais.

Para reservar prazas dende fóra de Galicia, deberedes dirixirvos aos servizos de Xuventude das vosas comunidades ou na Dirección Xeral de Xuventude de Galicia.

Contactos:
Dirección Xeral de Xuventude Galicia: 981/544.838 e 981/544.851
Servizo de Xuventude de Ourense: 988/386.112-386.118

Vémonos en agosto!

     Comentarios fechados

Xa comezaron as Xornadas e Campamentos sobre Enerxías Renovables en As Corcerizas

O pasado venres 17 de Marzo comezaron as Xornadas sobre Enerxías Renovables no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, en colaboración coa Obra Social Caja Madrid. O colexio Guillelme Brown foi pioneiro na participación desta experiencia que, a pesar do mal tempo, achegou aos participantes á realidade das enerxías renovables e da bioconstrución que mostra o propio Centro. Ao longo do roteiro interpretativo polas instalacións, acompañados tamén pola televisión galega, os rapaces poideron experimentar e comprobar por eles mesmos o funcionamento dos sistemas enerxéticos, ademáis de descubrir como as novas tecnoloxías poden convivir coa natureza.

Guillelme Brown

Guillelme Brown

Guillelme Brown

Guillelme Brown

Guillelme Brown

Guillelme Brown

     Comentarios fechados

« Seguinte páxinaPáxina anterior »