Visita educativa de veciños/as de Santirso

Integrantes e achegados da Asociación Cultural Turzó e da Asociación de veciños de Santirso (Concello de Maceda), disfrutaron o 17 de agosto dunha xornada lúdico – educativa na Serra para descubrir as instalacións do Centro de As Corcerizas
Puideron ver o funcionamento dunha turbina de auga, sistemas de control e almacenamento de enerxía, tellados feitos con terra, corcho e caucho, plantas que depuran augas residuais, …

Visita Asociación Maceda

Xa pola tarde, fixeron xogos relacionados cos residuos, a compostaxe, enerxías… e se reflexionou sobre os xestos que podemos facer para coidar o medio ambiente.

Na paxina web de Amigos da Terra, podedes ver as fotos deste dia!. Pincha neste enlace para acceder directamente.

     Comentarios fechados

Campamento Pontevedra: Fotografías 2ª quenda

Ei rapaces/zas!! xa están na rede as vosas fotos do campamento.

Promovidas polo Concello de Pontevedra e desenvolvidas en As Corcerizas do 21 ao 30 de Agosto, 32 mozos/as entre 12 e 14 anos disfrutaron en plena alta montaña de actividades como rutas de senderismo, baños na piscina e no río Arnoia, xincanas medioambientais, obradoiros de cariocas, bonsais, veladas nocturnas, actividades deportivas, noite do terror …

campamento  de verán

Ao longo da súa estancia, os/as acampados/as tamén aproveitaron para descubrir a excepcionalidade do Centro, que funciona soamente con enerxías renovables e cumpre os criteros de bioconstrución nas súas edificacións.

Incorporaron no día a día hábitos saudables e repectuosos, e adquiriron información de xeito práctico e crítico sobre o tratamento alternativo de residuos, compostaxe, aforro enerxético, consumo responsable, comercio xusto…

campamento de verán Amigos da Terra

Sigue a ligazón para ver algunhas instantáneas do seu paso pola Serra de San Mamede: galería de fotos

     Comentarios fechados

Campamento Pontevedra: Fotografías 1ª quenda

Xa están á vosa disposición as fotos do 1º campamento ambiental promovido polo Concello de Pontevedra e levado a cabo nas Corcerizas do 26 de xullo ao 4 de agosto.

campamento ambiental de pontevedra
Para rememorar intensos e agradables momentos, ou imaxinar o que ali sucedeu… preme neste enlace

     Comentarios fechados

Campamento Santiago: Fotografías 2ª quenda

Do pasado 14 ao 23 de xullo raparigos/as de 10 a 13 anos disfrutaron do segundo campamento ambiental na Serra de San Mamede promovido polo Concello de Santiago de Compostela.

campamento santiago
Dende Amigos da Terra apostamos por unha educación ambiental de calidade, a coherencia das instalacións, a alimentación procedente da agricultura e gandeiría ecolóxica, e a profesionalidade da equipa de monitoras/es.

Esta experiencia aportaralles unha valiosa experiencia.

Se queres ver ou descargar as fotos preme aqui.

     Comentarios fechados

Campamento Santiago: Fotografías 1ª quenda

Do 2 ao 11 de xullo cativos/as de 8 e 9 anos disfrutaron do campamento ambiental na Serra de San Mamede, promovido polo Concello de Santiago de Compostela.

Campamento santiago_Amigos da Terra

A aposta firme de Amigos da Terra por unha educación de alta calidade, a coherencia das instalacións e a profesionalidade da equipa de Galicia Tempo Libre, aportaron aos/ás nenos/as deste campamento unha experiencia de alto valor, educándoos/as para vivir en coherencia e repecto nunha sociedade de futuro.

Para ver ou descargar as fotos preme aqui.

     Comentarios fechados

« Seguinte páxinaPáxina anterior »