Alumnos do Colexio de Toén visitan As Corcerizas

O vindeiro mércores 8 de febreiro alumnos de primaria do Colexio de Toén, gracias ao apoio do Concello, subirán á Serra de San Mamede para coñecer e experimentar coas enerxías renovables.
O achegamento, xa dende cativos, a novas formas de vida máis sostibles e respectuosas co ambiente, é unha moi interesante forma de sensibilizar e formar ás novas xeracións: dirxentes, inversores, usuarios, decisores…nun futuro próximo.

Os comentarios están fechados.