Curso de Bioconstrución

Amigos da Terra presenta o Curso práctico de Bioconstrución e Autoconstrución en As Corcerizas, equipamento pioneiro na utilización de técnicas bioconstrutivas e aplicación da arquitectura bioclimática como exemplo que demostra a súa realidade.
Os fundamentos teóricos levaranse a cabo a través de actividades de participación e debate, seguido de aplicacións prácticas sobre o terreo, experimentando diferentes técnicas e posibilidades utilizadas na Bioconstrución. Contaremos coa colaboración e experiencia da REDE DE PERMACULTURA IBÉRICA NODO NOROESTE.

Datas: 20-23 de agosto 2009. O día 20 dará comezo ás 16.00h. e o 23 rematará ás 17.30h.

Duración: 30 horas. Diploma de asistencia

Prezo: 135 € para socios/as e 150 € para o resto de participantes (inclúe aloxamento e alimentación ecolóxica local e comercio xusto, na súa maioría).

O curso proporciona coñecementos, formación específica e ferramentas didácticas para a identificación e aplicación de solucións integrais que conduzan cara novos modelos de desenvolvemento que minimicen o impacto ambiental, social e sobre a saúde humana.

Obxectivos:

  • Avaliar o impacto ecolóxico da construción: a pegada ecolóxica
  • Coñecer e aplicar diferentes técnicas e materiais de bioconstrución e arquitectura bioclimática, demostrando os grandes avances acadados para unha costrución sostible.

  • Capacitar na toma de decisións, en cada caso, sobre o material máis razoable, ecolóxico e sostible

Contidos:

  • Arquitectura Bioclimática
  • Eficiencia enerxética e enerxías alternativas
  • Análise do ciclo de vida dos materiais. Criterios de selección
  • Planeamento e marco lexislativo
  • Deseño, Permacultura

Metodoloxía:

Os fundamentos teóricos levaranse a cabo a través de actividades de participación e debate, seguido de aplicacións prácticas sobre o terreo, experimentando diferentes técnicas e posibilidades utilizadas na Bioconstrución.

Destinatarios/as: Este curso está especialmente dirixido a estudantes e profesionais de arquitectura, inxeñería, urbanismo, xestión do territorio, calidade ambiental; asociacións, técnicos/as ambientais da administración publica ou entidades privadas e en xeral a calquera cidadán/á interesado/a na autoconstrución e o fomento da arquitectura sostible.

Inscrición: o plazo de inscrición da comezo o 3 de xullo e remata o 7 de agosto. Para facer a túa reserva, cubre a ficha e porémonos en contacto contigo. O número de plazas está limitado a 30 persoas. Os criterios de selección basearanse na orde de inscricións e as motivacións e espectativas.

Ficha de inscrición: formato OpenOffice / formato DOC / formato PDF

Organiza Amigos da Terra

Colabora Rede de Permacultura Ibérica Nodo Noroeste

6 Comments

  1. CARLOS SANZ RODRIGUEZ comenta:

    Xullo 20, 2009 @ 9:18 a.m.

    buenos dias, quería asistir al curso de bioconstrución del día 20 de agosto.
    Carlos Sanz Rodriguez DNI: 50104632Y.
    Les ruego que me contesten para saber que esta aceptada mi solicitud, ya que he llamado por telefono y me han dicho que tenia que escribir este mensaje.
    gracias

  2. As Corcerizas (Paula) comenta:

    Xullo 20, 2009 @ 11:57 a.m.

    Bo día,
    para poder participar no curso é preciso cubrir a ficha de inscrición e enviala a info@ascorcerizas.com ou ao enderezo postal. Tamén podes poñerte en contacto con Amigos da Terra no 988 374 318.

    Gracias, un saúdo.

  3. Cristopher comenta:

    Agosto 2, 2009 @ 4:21 p.m.

    Hola,

    Me preguntaba si podriais confirmar que el curso será en gallego.

    un saludo,
    Cristopher

  4. Analía comenta:

    Agosto 4, 2009 @ 11:53 a.m.

    Ola bo día, varios participantes non galegos propuxeron que o curso fora impartido en castelán, ou con aclaracións nesta lingua, pois tiñan limitacións para entendelo.
    O idioma oficial de Amigos da Terra é o galego e esta é a lingua na que desenvolvemos as actividades en As Corcerizas. É obvio que a comunicación é a prioridade, asi que non vai a existir problema para, entre tod@s, chegar a unha solución que permita o entendemento.

    No te preocupes Cristopher, llevamos muchos años organizando actividades con voluntariado internacional y nunca el idioma fue un limitante.

    Vémonos na Serra!

  5. Isabel comenta:

    Agosto 11, 2009 @ 12:48 p.m.

    Hola,

    Voy a asistir al curso de bioconstrucción el día 20, no tengo coche y el viaje es largo, voy desde un pueblo de Ciudad Real, me preguntaba si hay alguien que pueda compartir su coche… quizá desde Madrid.

    Hasta pronto!

  6. Analia Moares comenta:

    Agosto 12, 2009 @ 12:27 p.m.

    Ola, esta mensaxe é para todos os participantes do curso. Como hai xente de diferentes puntos de España, o ideal sería poder compartir transporte, por iso pediriámosvos que escribiéseis na nova da web, dende onde vides e se teneis previsto vir en coche a Ourense, para ver se podemos axilizar este tema.

    Un saúdo

    Amigos da Terra

    Hola, este mensaje es para todos los participantes del curso. Como hay gente de diferentes puntos de España, lo ideal sería poder compartir transporte, por eso os pediríamos que escribiéseis en la noticia de la web, desde donde venís y si teneis previsto venir en coche a Ourense, para ver si podemos agilizar este tema.

    Un saludo

    Amigos da Terra

RSS dos comentarios desta entrada