Amigos da Terra participa en Alternalia 2009

Un ano máis Amigos da Terra participa en ALTERNALIA 2009, a mostra de bioconstrución, enerxías renovables e ecoloxía que terá lugar os días 26, 27 e 28 de xuño no Paseo Marítimo desta vila. A exhibición está organizada por o Concello de Moaña, FECIMO (Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo) e o I.E.S  A  Paralaia.

Amigos da Terra, participará nesta nova edición cunha mesa informativa e un obradoiro de bioconstrución, “Pensamento crítico, solucións prácticas”, que terá lugar o domingo ás 12.30 horas.

invitacion-alternalia.jpg

Esta mostra aspira a converterse nun referente na materia, e pretende dar a coñecer a todo tipo de público, non só a profesionais, un sector en auxe como é o da bioconstrución e as enerxías renovables.

Nesta nova edición, preténdese dar unha visión máis ampla e profesional da situación actual no campo enerxético, así como dar resposta a todas as dúbidas sobre esta tecnoloxía en crecemento e coa que se conseguen aforros enerxéticos considerables.

Así mesmo, preténdese concienciar ao sector da construción dos enormes beneficios da implantación de sistemas ecolóxicos e intelixentes nos seus sistemas de produción, pero sobre todo, busca dirixirse ao usuario final das vivendas, xa que ten unha gran parte de responsabilidade en que se leven a bo porto os proxectos que se presentan na mostra.

Por outra banda, e como novidade este ano, os organizadores quixeron recoñecer a labor de todos aqueles, que dunha forma ou outra axudan ao medio ambiente e apostan polo uso das enerxías renovables, a bioconstrución e a ecoloxía. Deste xeito, este ano decidiron instaurar un premio que persigue o recoñecemento a calquera iniciativa o proxecto por parte dunha asociación sen ánimo de lucro que potencie na comarca a concienciación na protección do medio ambiente.

Os comentarios están fechados.