As Corcerizas abre as súas portas en Semana Santa

Para todas as persoas que esta Semana Santa busquen relaxarse, gozar de fermosas paisaxes, e coñecer as tradicións da nosa cultura, a Serra de San Mamede convértese na mellor das opcións.

O albergue de As Corcerizas abre as súas portas para todas/os aquelas/les que estean interesadas/os en coñecer  diversas alternativas de vida sostible ao mesmo tempo que se converte nun lugar de descanso e disfrute, dunha serra mítica, chea de lendas e historia.

Para complementar estes días de ocio e tempo libre, vos ofrecemos unha ruta guiada polo “Bidueiral de Montederramo”, zona LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) dentro de Rede Natura 2000, cunha superficie de 1.948,55 ha. e de altitude variable entre os 959 m. e os 1600m.

paisajecorce2.jpg

Nesta andaina, coñeceremos un dos mellor bosques autóctonos da provincia de Ourense, caracterizado pola súa abundancia de bidueiros e o alto grao de biodiversidade que alberga no seu interior.

Identificaremos os rastros e sinais da fauna do entorno, e analizaremos as diferentes paisaxes que fan desta serra unha das máis ricas e variadas da comunidade galega.

Duración: aproximada de 6 horas con parada para comer.

Dificultade: media- alta.

Información e inscricións:

988 374 318

info@ascorcerizas.com

4 Comments

  1. Borja comenta:

    Abril 2, 2009 @ 8:59 p.m.

    Ola, son Borja estaba interesado en pasar por As Corcerizas e poder velas sen neve. Quería saber que días son as excursións e que días ides a estar por alí.

  2. Rebeca Carreiro comenta:

    Abril 3, 2009 @ 12:40 p.m.

    Ola moi boas! A ruta será o venres 10 de abril. Sairemos sobre as 10 da maña, pero é convinte estar un pouco antes para irnos coñecendo e falar un pouco do que vai ser o día. Lembrade que hai que levar o xantar! O custe é de 5 euros/persoa.
    De todas formas se vos apetece pasar uns días no albergue, nos imos estar toda a semana santa. Así que xa sabedes…vos esperamos!
    Un saúdo.

  3. xoan comenta:

    Abril 3, 2009 @ 8:34 p.m.

    menos mal que voltades as corcerizas, pois xa pensei que vos esquecerades de tán fermosio paraxe… pois nada no mundo se pode comparar en beleza… todo a seu redor é un fantastico tapiz de cores amarelos, lilas `bermellos e brancos… os cantos dos cucos das rolas e dos riseñores… que espectaculo e recreo para os sentidos que só ali podremos disfutar… xa o decia cheo de razon o señor manolo o vilas de Arnuide… unha gran persoa que dende o Ceo sigue a loitar por ese albergue que tanto quixo… bicos e sorte para as corcerizas e para quen teña a ledicia de poder disfrutar de toda a beleza de ese PARAISO… coidade sempre das corcerizas porque tanto con neve coma con frores son… ESPECTACULARES. un bico dende moi lonxe.

  4. xoan comenta:

    Abril 3, 2009 @ 8:41 p.m.

    moita sorte para AS CORCERIZAS… en primaveira non veredes mais fermoso paraiso…

RSS dos comentarios desta entrada