Camiñando ao son das montañas
Xa está aberto o prazo para apuntarse ás actividades que como cada ano ofrece o programa ambiental “Naturalmente Galiza”, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.
As Corcerizas, participa un ano máis neste programa coa ruta chamada “Camiñando ao son das montañas”. Entre as actividades preparadas para estes días destacan:
– Unha ruta ambiental interpretativa ata o Bidueiral de Montederramo, durante a cal realizarase unha actividade de rastros e sinais da fauna do contorno.
– Actividade de rastros e sinais de fauna durante a ruta. Descifrar o escenario por onde pasou un animal, captar o seu olor, ou identificar as súas pegadas.
– Un baño termal no balneario de Baños de Molgas ( toma de augas mineromedicinais, piscina con chorro, tratamento con lama… )
– Un curso de técnicas de supervivencia na montaña, onde os mozos aprenderán a facerlle fronte a situacións adversas (como debemos orientarnos, alimentarnos, ou protexernos do tempo baseándonos na utilización de recursos que hai na natureza).
Podedes obter a información básica do programa na web www.naturalmentegaliza.com
O teléfono para facer a vosa reserva é 881 999 520, en horario de 9 a 14 horas e todos os días laborables agás os sábados.



Programa Xeral
Programa Escolar:
Portada
