Exitosas xornadas no Pazo de Fontefiz

Ante un numeroso e intersado público os/as ponentes das xornadas presentaron o Filtro de Macrofitas en Flotación, explicando as vantaxes, beneficios e mostrando diversas experiencias xa implantadas noutras zonas da península.

alfredo_macrofitas sl

Abriu as xornadas Vicente Torres (Macrofitas SL), facendo unha reflexión sobre a historia do FMF e presentando o proxecto de potabilización de auga en África mediante macrofitas.
A parte máis técnica foi asumida por Alfredo S. Rodríguez que, con fotos, esquemas e claras explicacións, evidenciou a funcionalidade, simplicidade e baixos custes que ten o sistema.

xornadas macrofitas

Con grande simpatía e demostrando que todo é posible gracias ao “topalantismo extremeño” (tó p’alante), Pedro Delgado (Aquaphytex) expuso o éxito dunha iniciativa xuvenil basada na producion de macrofitas.

Cun punto de vista práctico e realista, Luis C. Laighina (Raiambiente) presentou as experiencias de implatación de FMF en Portugal, como vía de substitución dos ineficientes sistemas actualmente instalados.

Para fechar as xornadas, Paula Vidal de Amigos da Terra, presentou a construción dun FMF no campo de traballo que este verán organizou a Asociación en As Corcerizas, como recurso educativo e solución sostible para a autoxestión das augas residuais do Centro.

xornadas macrofitas

Amigos da Terra agradece o patrocinio de Tragsa e o apoio da Consellaría de Medio Rural; en especial agadecemos o esforzo de Manuel Fernández Somoano na busca e defensa de alternativas sostibles para o medio rural galego.

Os comentarios están fechados.