Campamentos de Verán 2006
O feito de estar localizado dentro do Macizo Central Ourensán (proposto pola Xunta de Galicia como Lugar de Interese Comunitario na Rede Natura 2000), brindará aos participantes a oportunidade de mergullarse neste entorno natural excepcional e aprender disfrutando da natureza, os recursos e habitantes desta singular paraxe.
INSTALACIÓNS
O Centro de Educación Ambiental “As Corcerizas” conta con 4 edificios principais independentes integrados no ecosistema forestal da serra: aulario, casa das enerxías, albergue e comedor. Ademais dispón de varias construcións complementarias.
- Aulario: Con arquitectura bioclimática e de bioconstrución que garante a total comodidade dos participantes. Posúe unha superficie de 80 m2.
A aula está equipada con mobiliario docente para máis de 30 participantes, ademais dos elementos auxiliares necesarios e medios audiovisuais. - Comedor: Construído tamén con criterios e materiais de bioconstrución. Dispón de mobiliario necesario para ofrecer servizo ate 80 persoas, unha sala multiusos–comedor superior a 50 m², aseos diferenciados por sexos e outro aseo con adaptación para persoas con discapacidade, sala de reunións, oficina, cociña industrial, despensas, almacén e cheminea.
- Datos do albergue: Reformado con criterios e materiais de bioconstrución, con capacidade para 40 persoas (2 camas adaptadas para persoas con discapacidade).
Dispón de aseos con lavabos, retretes e duchas, diferenciados por sexos, e outro adaptado para discapacidados.
Ademais, presenta un salón comunitario con cheminea, unha cociña de uso comunitario, unha enfermería e recepción. Dispón de calefacción en todas as habitacións. - Casa das enerxías: Nela centralízanse todos os sistemas de producción e distribución enerxética compostos por paneis de control, 144 baterías estacionarias, colectores de auga quente sanitaria, caldeira de biomasa, placas
solares térmicas e fotovoltaicas e grupo electróxeno.
- • Outras construcións:
• Turbina.
• Potabilizador con diversos sistemas de regulación.
• Encoro.
• Aeroxerador.
EQUIPO TÉCNICO
Xestionado pola asociación “Amigos da Terra”, conta cun equipo con ampla experiencia e cuialificación:
A súa longa traxectoria en temas de educación, formación, animación e divulgación, aportan a confianza necesaria que garante un campamento de alta calidade; onde os participantes van a adquirir coñecementos e actitudes de xeito informal, que os capacitarán para vivir con coherencia e respecto nunha sociedade de futuro.
Dacordo co Decreto 50/2000, as nosas actividades desenvolveranse cun ratio de polo menos 1 monitor por cada 10 participantes, un director e, un socorrista titulado cando a actividade o requira. Cumprindo coas esixencias legais, o equipo educativo está constituído por persoal titulado acreditado en materia de medio ambiente, educación,
ocio e tempo libre, que conta cunha ampla experiencia en campamentos, campos de traballo, actividades extraescolares, educación ambiental, etc.
ACTIVIDADES dos CAMPAMENTOS DE VERÁN 2006
Todas as actividades adáptanse aos diferentes grupos de idade e son escollidas e organizadas para desenvolver e adquirir actitudes e capacidades como psicomotricidade, cooperación, respecto mutuo, coordinación, socialización, imaxinación, axilidade física e mental e, por suposto, tamén para adquirir novos coñecementos.
Todas as actividades do campamento están enfocadas baixo unha perspectiva educativa á vez de lúdica. Dispomos dunha ampla oferta de actividades que detallamos a continuación. Se nos manifestan algunhas preferencias, poderemos confeccionar un programa específico adaptado a elas.
Listado de actividades:
- • Medio Ambiente: Estamos en plena Serra de San Mamede, un enclave natural excepcional para coñecer a natureza e os recursos do singular Macizo Central Ourensán, brindándosenos a posibilidade de realizar actividades para disfrutar e aprender a valorar o medio ambiente.Os participantes terán a especial oportunidade de usar, durante toda a súa estancia, as distintas enerxías renovables coas que se mantén o Centro, podendo comprobar “in situ” como funcionan. Experimentarán por si mesmos as vantaxes das construccións bioclimáticas. Faremos moitas actividades para estudar a riqueza de fauna e flora. A presencia de corzos na Serra e a nosa proximidade a unha reserva de cervos, farán moi probable a observación directa dos mesmos. Avistaremos distintas especies de aves, faremos escoitas nocturnas e investigaremos as pegadas e rastros dos animais que, para o noso asomo, conviven diariamente con nós.
• Actividades de animación, lecer e tempo libre: Ducias de xogos, dinámicas de grupo, cancións do mundo, astronomía, deportes alternativos, veladas nocturnas e festas temáticas constitúen o corazón do campamento.
• Aire libre: Faremos moitas actividades ao aire libre, aproveitando o óptimo entorno que temos ao noso carón. Haberá actividades de sendeirismo, orientación, rastrexo, acampada (se o tempo o permita) e a posibilidade de bañarse nos primeiros remansos do río Arnoia.
• Visitas e actividades etnográficas: A nosa proximidade a varios pobos típicos da montaña galega e outros elementos patrimoniais singulares, brindaranos a oportunidade de visitar, acompañados moitas veces polos seus actuais ou pasados poboadores, muíños de auga, fornos comunais, pobos abandonados, …; descubrindo os oficios, apeiros de labranza, arquitectura tradicional, lendas e tradicións… que os caracterizan.
• Obradoiros: Un bo xeito de sacar á luz a destreza que todos levamos dentro, ao tempo que desenvolvemos capacidades e incorporamos novos coñecementos:
vermicompostaxe, bioconstrución, enerxías renovables, xogos e xoguetes de refugallo, caixas niño e comedeiros para paxaros, bisutería natural, papiroflexia, papel maché, barro, abalorios…
VANTAXES DOS NOSOS CAMPAMENTOS
- • Somos unha entidade sen ánimo de lucro, polo que noso obxectivo non é o rendemento económico senón realizar unha actividade de calidade onde os obxectivos educativos son, xunto co máximo nivel de disfrute dos participantes, a maior prioridade.• Na medida do posible, os alimentos frescos consumidos diariamente procederán da agricultura ecolóxica local e comercio xusto, seguindo criterios de sostibilidade e desenvolvemento rural.
• Unha das nosas máximas vantaxes é a transparencia, polo que previa solicitude, poden visitar o Centro e comprobar persoalmente as características da instalación e seu equipamento antes de contratar o servizo.
• Se o desexan podemos concertar unha charla de presentación entre os pais ou promotores e o equipo técnico, para expoñer as características do campamento (actividades, horarios, menú, normas básicas, prendas e útiles recomendables…), resolvendo calquera dúbida existente.
• Durante toda a súa estancia os participantes estarán cubertos cun seguro de responsabilidade civil recibindo atención permanente por parte do equipo técnico.
• O emprazamento das instalacións e zonas de actividades garanten o benestar e a seguridade dos participantes, ao poder respirar o aire puro da Serra, refrescarse nas límpidas augas dos cumios das montañas, afastándose da múltiple contaminación das cidades e grandes vías de comunicación.
• Ao longo de todo o campamento haberá avaliacións internas do equipo de monitores e avaliacións conxuntas cos participantes, coa finalidade de observar o cumprimento dos nosos obxectivos educativos, o grao de incorporación dos coñecementos transmitidos e o nivel de satisfacción e benestar dos participantes.
• Unha vez rematado o campamento, faráselle entrega á Entidade contratante dun informe final global e un CD con material gráfico.
TARIFAS
O custe do campamento será determinado unha vez concretado o nº de días e participantes.
Prezos de referencia (a partir de 30 participantes):
- • Campamento de 4 días: 96 € por participante*
• Campamento de 10 días: 240 € por participante** Os prezos non inclúen IVE
Os prezos inclúen:
- • Manutención (almorzo, xantar, merenda e cea).
• Aloxamento.
• Persoal técnico. Monitores. Ratio: 1 monitor/10 participantes.
• Programación diaria atendendo ás necesidades e intereses do grupo.
• Gastos de programación e xestión.
• Auga quente.
• Material para a realización das actividades.
• Uso e desfrute das instalacións.
• Seguro de Responsabilidade Civil.
NOTA: Os participantes terán que traer saco de durmir, traxe de baño, toalla e chanclas.
[Ficha de inscrición]
[Documentación promocional Campamentos de Verán 2006]