Aplicación de Metodoloxías Científicas para a Conservación do Medio Natural

Programa de educación ambiental para escolares:
PROGRAMA 2009

Obxectivos

Programa
O programa consiste nunha serie de xornadas dun día nas que, mediante a análise e medición científica de parámetros, manexo de datos, experimentos, obradoiros, xogos…, feitos “in situ” e polos/as propios/as participantes, se pretende a consecución dos obxectivos expostos.

Despois dunha breve explicación da importancia da metodoloxía científica para a obtención de información sobre o medio, levaremos a cabo a recollida de datos mediante a aplicación de protocolos específicos.

Para favorecer a participación de todas/os os integrantes do grupo e representar a aplicación da metodoloxía científica, faremos grupos de traballo que abranguen as seguintes temáticas: flora, fauna, solo, auga e atmósfera.

En función da idade, coñecementos previos e as posibilidades climatolóxicas do día, realizaremos unha serie de actividades e experimentos en relación con cada unha das temáticas.

A segunda parte da xornada adicarase á posta en común e obtención de conclusións. Cada grupo explicará a metodoloxía aplicada e exporá os datos obtidos ao resto das/os participantes. Mediante exemplos, as explicacións dos/as monitores/as e xogos cooperativos de reforzo de contidos (rastros e sinais, residuos, sons da natureza e contaminación acústica, cadea trófica…), obteremos as conclusións e relacionaremos a importancia do traballo feito coa busca de solucións para a mellora do entorno e a súa conservación.

Horario

[Voltar]