Programa de educación ambiental para escolares: Sentir, Coñecer, Actuar
Programa 2009
Programa para Escolas Rurais Unitarias
A crise existente da educación no rural reflicte parte do desmantelamento que está a sufrir o medio rural no seu conxunto. Con esta proposta pretendemos dinamizar e revalorizar o patrimonio natural e cultural destas zonas, achegando aos/ás escolares a coñecer o medio que lles rodea para así poder valoralo. As Escolas Rurais Unitarias atoparán en As Corcerizas unha serie de actividades nas que todos/as os/as alumnos/as poderán ser partícipes, valorando o seu entorno como unha opción sostible de futuro, e fomentando ademáis valores de cooperación e traballo en equipo.
Destinatarios/as: todos/as os/as integrantes das escolas rurais unitarias
Proposta:
A clave da xornada consta dun achegamento multisensorial ao entorno inmediato das instalacións co obxectivo de propiciar o re-enraizamento dos/as participantes co entorno natural circundante e propiciar unha apropiación afectiva do mesmo.
Analizaranse as relacións entre humanidade e natureza, prestando especial interese ás múltiples solucións que a cultura rural tradicional atopou para vivir e aproveitar sostiblemente un medio ambiente que marcaba directamente as súas vidas.
Tamén se reflexionará sobre a recente ruptura destas relacións simbióticas, na procura de recuperar moitas das respostas que a sociedade busca lonxe das raíces da tradicional colaboración entre humanidade e natureza.
Obxectivos:
- Achegar aos/ás participantes ao entorno inmediato da Serra de San Mamede de xeito multisensorial.
- Sensibilizar aos/ás participantes da compatibilidade da conservación do medio ambiente no rural co seu desenvolvemento.
- Que os/as participantes comprendan a importancia de coñecer e conservar o noso patrimonio natural e cultural.
[Voltar]