Programa de educación ambiental para escolares: Sentir, Coñecer, Actuar
Programa 2009
Medioambiente e Cooperación ao Desenvolvemento
A cooperación internacional ao desenvolvemento entendida dende Amigos da Terra, ten como finalidade a busca das capacidades locais e un maior respecto ao medio ambiente. O fin último é reverter a situación das comunidades que sofren condicións de exclusión e extrema pobreza; tendo sempre presente o enfoque medio ambiental, porque non existe verdadeiro desenvolvemento sen preservar e mellorar as bases ambientais sobre as que éste se sustenta. Porque non é posible manter a saúde ecolóxica da biosfera sen garantir o desenvolvemento integral (económico, social e cultural) da sociedade.
Destinatarios/as: a partir de 3º da E.S.O.
Proposta:
Mediante actividades prácticas evidenciaranse as repercusións que teñen as nosas accións diarias sobre a situación na que se atopan os países coñecidos como do 3º mundo. Analizaremos e razonaremos a relación existente entre as comunidades empobrecidas e o estado de conservación do entorno, asi como a súa previsible evolución no tempo. Un xogo de rol permitiralles vivir e sentir en primeira persoa as consecuencias do actual sistema de comercio mundial, comparando ese sistema con outras alternativas existentes baseadas na xustiza social e respecto ao medio.
Obxectivos:
- Concienciar á comunidade escolar sobre a situación que viven os países empobrecidos.
- Facilitar aos/ás participantes a comprensión das relacións que existen entre o empobrecemento dalgúns países, o seu entorno, e a xestión dos seus recursos por parte doutros.
- Achegar aos/ás escolares alternativas que permitan unhas relacións máis xustas entre Norte e Sur.
[Voltar]



Programa Xeral
Programa Escolar:
Portada
