Programa de educación ambiental para escolares: Sentir, Coñecer, Actuar
Programa 2009
A Serra de San Mamede, entorno natural e cultural
A Serra de San Mamede resulta un enclave natural excepcional para coñecer a natureza e os recursos do singular L.I.C. Macizo Central Ourensán. A ubicación do Centro e a súa proximidade con varios pobos típicos da montaña galega e outros elementos patrimoniais singulares, brindaranos a oportunidade de visitar, acompañados moitas veces polos seus actuais ou pasados poboadores/as, muíños de auga, fornos comunais ou pobos abandonados, descubrindo os oficios, arquitectura tradicional, lendas e tradicións a día de hoxe vixentes.
Destinatarios/as: a partir de 1º da E.S.O.
Proposta:
Ruta ambiental e etnográfica As Corcerizas-Rebordechao-A Ermida
O descenso ata Rebordechao discurre entre pastos, carballeiras, e os impoñentes cumios da Serra de San Mamede. Unha vez no pobo, os/as escolares, guiados/as nalgúns casos polos/as propios/as habitantes, poderán coñecer o funcionamento da forxa, o muíño, as colmeas tradicinais, cómo se cocía o pan e a utilidade dos fornos comunais. A ruta etnográfica continuará ata A Ermida, onde coñecerán as “palleiras”, construcións destinadas a acoller o gando nos duros días de inverno.
Obxectivos:
- Dar a coñecer e revalorizar o patrimonio da Serra de San Mamede.
- Fomentar a conservación e o respecto polo patrimonio como un ben ambiental, social e económico.
- Iniciar ao/á alumno/a no coñecemento multidisciplinar do entorno e da problemática asociada.
- Que os/as participantes comprendan o concepto e recoñezan un proceso de antropización do medio.
[Voltar]