Programa de educación ambiental para escolares: Sentir, Coñecer, Actuar

Programa 2009

Unha aposta contra o cambio climático

O Centro de Educación Ambiental As Corcerizas é pioneiro en Galicia e referente a nivel estatal no uso das enerxías renovables para o seu autoconsumo, no eido da bioconstrución, e no tratamento alternativo dos residuos. Ao longo da xornada os/as participantes comprenderán os problemas que se derivan do cambio climático, á vez que coñecen as alternativas para vivir dun xeito máis sostible sen renunciar aos niveis de benestar acadados ata o de agora.

Destinatarios / as: a partir de 5º de Primaria

Propostas:

Expóñense tres enfoques para a consecución dos obxectivos desde diferentes temáticas que inciden na problemática do cambio climático. En cada xornada tratarase o tema, dun xeito máis amplo, dende un destes enfoques (a elexir polo Centro):

  1. Enerxías Renovables
  2. Bioconstrución e Arquitectura Bioclimática
  3. Xestión e Tratamento alternativo de residuos

1. Enerxías renovables

Ao longo das xornadas traballarase cómo a xeración desmedida de enerxía inflúe negativamente sobre o clima e as distintas alternativas existentes para evitalo. Despois dunha posta en común sobre o que son, principios básicos, vantaxes e desvantaxes das enerxías renovables frente ás convencionáis, comprobarán o funcionamento, viabilidade e análise das consecuencias do uso das distintas enerxías alternativas que autoabastecen o Centro de As Corcerizas: microturbina, placas solares térmicas e fotovoltaicas, aeroxerador, caldeiras de biomasa, instalación de almacenamento e distribución de enerxía. Nalgúns casos serán os/as propios/as participantes os/as que poderán pór en marcha mecanismos, comprobando a viabilidade das fontes alternativas que están xenerando a enerxía que aporta a electricidade e a calor da que se dispón nas instalacións.

As actividades levan asociadas unha serie de obradoiros e xogos en función das idades e número de participantes, que se postulan como o complemento ideal para acadar os obxectivos expostos.

Obxectivos:

  • Dotar aos/ás participantes dos coñecementos básicos sobre o cambio climático, capacitándoos/as para relacionalo coa produción enerxética e os nosos hábitos cotiás.
  • Mostrar as diferencias e relacións entre cambio climático e efecto invernadoiro.
  • Introducir ao/á alumno/a no eido das enerxías renovables: conceptos básicos e tipos.
  • Achegar información sobre as vantaxes e desvantaxes das enerxías alternativas e demostrar as súas potencialidades.
  • Conseguir que os/as participantes comprendan a necesidade dun desenvolvemento sostible.

2. Bioconstrución e Arquitectura Bioclimática

As nosas casas son elementos didácticos de primeira orde para o estudio do moitas veces descoñecido impacto ambiental da nosa vida cotiá. As Corcerizas foi concebido como un equipamento que fose en sí mesmo un recurso educativo para o estudio das posibilidades de vivir sen contaminar.

Nesta xornada as/os participantes descubrirán a utilidade de coñecer os criterios e técnicas utilizados en Bioconstrución e na Arquitectura Bioclimática, e as vantaxes da súa aplicación na vida real. Coñecerán novos materiais non contaminantes nin tóxicos, valorando a posibilidade de empregar outros reutilizables e reciclables, mantendo o respeito pola cultura popular.

Obxectivos:

  • Capacitar aos/ás participantes para analizar as diferencias de criterios e materiais entre unha casa sana  e unha convencional.
  • Dotar aos/ás alumnos/as dos coñecementos básicos para comprender a necesidade da xestión integral dos procesos.
  • Demostrar a viabilidade dos contidos expostos.

3. Xestión e Tratamento Alternativo de Residuos

O exceso actual na xeración de residuos fai cada vez máis difícil a súa xestión. A través dunha serie de actividades e obradoiros, as/os participantes empezarán a asimilar conceptos como o de Consumo Responsable e Prevención de residuos.

Comprobarán “in situ” o tratamento alternativo que se lle da aos residuos sólidos a través da compostaxe e a vermicompostaxe, coñecendo as vantaxes e inconvintes das diferentes técnicas. Tamén comprenderán o tratamento alternativo que se lle da ás augas residuais do Centro, xa que son depuradas nunha balsa de plantas acuáticas flotantes.

Obxectivos:

  • Dotar aos/ás participantes dos coñecementos básicos sobre a problemática actual de xeneración excesiva de residuos, capacitándoos para relacionala cos nosos hábitos cotiás.
  • Achegar ao/á alumno/a aos conceptos de Consumo Responsable e Prevención de residuos.
  • Mostrar as alternativas existentes para unha xestión racional dos residuos: compostaxe, vermicompostaxe  e depuración biolóxica das augas residuais.

[Voltar]