Neste verán 2008: Fins de Semana Alternativas
1. A BUSCA DO TESOURO: ORIENTACIÓN NA MONTAÑA
Obradoiro de relaxación, risa e musicoterapia.
Datas: do 12 ao 14 de Setembro
A orientación é unha cualidade de todos os animais e que os seres humanos fomos esquecendo co tempo. Hoxe en día podemos re-aprender a orientarnos a través de elementos naturais como o sol, a lúa ou as estrelas. E tamén podemos valernos doutros como son os mapas, as brúxulas ou incluso os reloxos. A través de probas e da utilización de todos estos recursos conseguiremos orientarnos e desplazarnos pola Serra de San Mamede, ata chegar a descubrir o tesouro que se agocha na propia natureza.
Para poder contar sempre coa enerxía que precisamos, aprenderemos a buscala a través do novidoso obradoiro do Combustible ecolóxico, grazas á colaboración do Gabinete de psicoloxía Andares.
O obxectivo xeral deste obradoiro de relaxación, risa e musicoterapia, é crear un espazo grupal cómodo, dinámico e lúdico para levar a cabo actividades físicas e psíquicas que fomenten o desenvolvemento do noso propio combustible: un combustible completamente biolóxico, ecolóxico e renovable. Un nutrinte para o corpo-mente, que solvente a necesidade de enerxía que precisamos a diario.
E onde se atopa a central xeradora desta enerxía?: En nós mesmos/as.
A actividade estruturase en catro módulos temáticos, que se desenvolverán con caracter lúdico:
- Autoestima.
- Habilidades Sociais e Resolución de Conflictos.
- Relaxación e Musicoterapia.
- Risoterapia.



Programa Xeral
Programa Escolar:
Portada
