Neste verán 2008: Fins de Semana Alternativas

2. RUTA INTERPRETATIVA POLA MONTAÑA
Actividades de Ioga e Relaxación.

Datas: do 10 ao 12 de Outubro

A Serra de San Mamede resulta un enclave natural único para coñecer a natureza e os recursos do singular L.I.C. Macizo Central Ourensán (Rede Natura 2000).

O descenso ata Rebordechao discurre entre pastos, carballeiras, e os impoñentes cumios da Serra de San Mamede. Unha vez no pobo, e ás veces acompañados/as polos/as propios/as habitantes, poderemos coñecer o funcionamento dunha forxa, un muíño, as colmeas tradicionais, ou cómo se cocía o pan e a utilidade dos fornos comunais. Tamén poderemos disfrutar dun baño no río Arnoia.

Aproveitando o entorno para o descanso e a desconexión do estrés xenerado polo incesante ritmo de vida da nosa sociedade, disfrutaremos dunha serie de actividades de IOGA E RELAXACIÓN. A alimentación alternativa, elaborada con produtos da agricultura ecolóxica local e o comercio xusto, e a estancia en edificios feitos baixo criterios de bioconstrución, serán o complemento ideal para esta fin de semana de achegamento vivencial ao entorno.

[VOLTAR – INSCRICIÓN]