Programa de educación ambiental para escolares: Sentir, Coñecer, Actuar
Propostas de diferentes xornadas temáticas:
Roteiros Interpretativos Ambientais pola Serra e Actividades Etnográficas
A Serra de San Mamede resulta un enclave natural excepcional para coñecer a natureza e os recursos do singular L.I.C. Macizo Central Ourensán: plantacións, rastrexos, estudos de biodiversidade, topografía e orientación, saídas prácticas sobre paisaxe, xeoloxía, edafoloxía, …
A ubicación do Centro e a súa proximidade con varios pobos típicos da montaña galega e outros elementos patrimoniais singulares, brindaranos a oportunidade de visitar, acompañados moitas veces polos seus actuais ou pasados poboadores, muíños de auga, fornos comunais, pobos abandonados,… descubrindo os oficios, apeiros de labranza, arquitectura tradicional, lendas e tradicións a día de hoxe vixentes…
Obxectivos:
- Revalorizar e dar a coñecer o patrimonio natural e cultural da Serra de San Mamede.
- Fomentar a conservación e o respeto polo patrimonio como un ben ambiental, social e económico.
- Dar a coñecer a importancia da conservación dos bosques autóctonos para a vida no rural.
- Familiarizarse con conceptos como o de biodiversidade e a problemática actual de extinción de especies: causas, consecuencias..
- Impulsar a implicación dos/as escolares e a responsabilidade colectiva en accións concretas de apoio á biodiversidade.
- Coñecer a vida nos pobos típicos de montaña do rural galego e a súa etnografía: muíños, forxa, fornos comunáis, colmeas tradicionáis..
- Coñecer os usos e aproveitamentos tradicionáis dos recursos da serra
Propostas:
- Ruta ambiental: As Corcerizas – Bidueiral de Montederramo
- Ruta Etnográfica: As Corcerizas – Rebordechao-A Ermida
Destinatarios/as: a partir de 1º da E.S.O.
1. Ruta ambiental: As Corcerizas – Bidueiral de Montederramo
O Bidueiral de Montederramo pode ser considerado coma o mellor bosque autóctono con que conta a provincia de Ourense dentro do seu patrimonio natural. Caracterizado pola abundancia de bidueiros e o alto grado de biodiversidade que alberga no seu interior, está catalogado como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) dentro da Rede Natura 2000.
Esta idílica visión contrasta coa paisaxe duramente transformada pola acción do humano que se observa na outra parte do roteiro, facendo reflexionar aos participantes sobre a problemática dos lumes, talas masivas, reforestacións con especies foráneas…
2. Ruta Etnográfica: As Corcerizas – Rebordechao – A Ermida
O descenso ata Rebordechao discurre entre pastos, carballeiras, e os impoñentes cumios da Serra de San Mamede. Unha vez no pobo, os/as escolares, guiados polos/as propios/as habitantes, coñecerán o funcionamento da forxa, o muíño, cómo se cocía o pan e a utilidade dos fornos comunais, o funcionamento das colmeas tradicinais… A ruta etnográfica continuará ata A Ermida, onde coñecerán as “palleiras”, construcións destinadas a acoller o gando nos duros días de inverno.
[Voltar]