Programa de educación ambiental para escolares: Sentir, Coñecer, Actuar

Propostas de diferentes xornadas temáticas:
Medioambiente e Cooperación ao Desenvolvemento

A cooperación internacional ao desenvolvemento entendida dende Amigos da Terra, ten como finalidade a busca das capacidades locais e un maior respecto ao medio ambiente. O fin último é reverter a situación das comunidades que sofren condicións de exclusión e extrema pobreza; e cun enfoque medio ambiental, porque non existe verdadeiro desenvolvemento sen preservar e mellorar as bases ambientais sobre as que éste se sustenta. Porque non é posible manter a saúde ecolóxica da biosfera sen garantir o desenvolvemento integral (económico, social e cultural) da sociedade.

Obxectivos:

Proposta:
A xornada comezará cunha toma de contacto, mediante unha dinámica, con algúns conceptos relacionados coa temática a tratar: igualdade, pobreza, pérdida de biodiversidade, comercio xusto, contaminación… A partir da comprensión dos conceptos, os/as escolares comezarán a relacionalos entre sí nunha pirámide de interrelacións entre medioambiente, sociedade e economía, facendose visible a dependencia duns conceptos con outros. Explicaremos os obxectivos de Desenvolvemento do Milenio e nos centraremos no Obxectivo 7: Garantir a sostenibilidade do medio ambiente.
Co apoio dun audiovisual tamén se sensibilizará sobre a problemática actual de consumo excesivo e as súas consecuencias no planeta, creando un debate no que os/as participantes tomarán consciencia e conciencia do que se está a vivir noutros lugares do mundo como consecuencia dos nosos propios actos e eleccións diarias.

Despois do xantar analizaremos a importancia dunha alimentación sustentable e as diferenzas que se crean ao elexir un producto ou outro a todos os niveis: residuos, enerxía para a produción, consumo de auga, agricultura ecolóxica, comercio xusto…Remataremos a xornada cunha actividade sobre a nosa pegada ecolóxica para facer visible cantos mundos precisamos cada un de nos para vivir si seguimos no actual ritmo de consumo; como despedida falaremos das solucións posibles e dunha serie de medidas que podemos adoptar na nosa vida cotiá para contribuir a un desenvolvemento máis sustentable.

Destinatarios:
a partir de 3º da E.S.O.

[Voltar]