Arquivo de Novas

Semana da Ciencia en As Corcerizas 2006

Xa están abertas as listas de inscrición para participar na “Semana da Ciencia en Galicia 2006”.

semana da ciencia

Un ano máis Amigos da Terra levará a cabo, no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, actividades a partir do 11 de Novembro.

Este ano as xornadas estarán centradas na “APLICACIÓN DE METODOLOXÍAS CIENTÍFICAS PARA A EXPLORACIÓN, COÑECEMENTO E CONSERVACIÓN DO MEDIO NATURAL”.

Actividades para Centros Escolares
Do 24 ao 30 (días de semana): Maiores de 13 anos
Actividades para Adultos
Do 11 ao 12 (Sábado ou Domingo)

Prazas limitadas

Información ampliada e inscricións: SEMANA DA CIENCIA 2006

Amigos da Terra agradece a especial colaboración da Sociedade Galega de Historial Natural nas actividades de anelamento científico de aves.

sghn

Todas as actividades que se van a levar a cabo serán totalmente gratuitas.

Información xenérica e sobre as actividades programadas en Galicia: semandadaciencia.org

Subvenciona:
dxidi

Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación

     Comentarios fechados

As Corcerizas a vista parapente

O pasado xoves, “Toño de Quiroga” desplegou as súas experimentadas ás e fixo os primeros voos sobre As Corcerizas …impresionante!

parapente_03.jpg

Saiu a media ladeira da Serra de San Mamede, a uns 1200 metros de altitude, aterrando nun anegado, pero “acolledor” prado do pobo da Teixeira.

Agora tocanos a nós!

parapente_02.jpg

Algo de calorciño, unha carreiriña e… a voaaar

Estade atentos ás novas na nosa web, pois na primavera organizaremos varias actividades de parapente.

     Comentarios fechados

Visitas de escolares do Concello de Ourense a As Corcerizas

Con motivo do acordo de colaboración que mantén Amigos da Terra co departamento de educación do Concello de Ourense, centos de rapaces/zas dos colexios da cidade de Ourense achegáronse a As Corcerizas para coñecer “in situ” a viabilidade do uso das enerxías alternativas, reflexionando sobre o uso sustentable que se debe facer das mesmas.

Os centros participantes foron os colexios de Mende, Divina Pastora, Padre Feijoo, Couto, Guillelme Brown, Covadonga e Franciscanas.

As actividades inicianse cun repaso dos coñecementos sobre enerxías e medioambiente…

Colexio Couto

Logo dun bo xantar de campo, convertímonos en exploradores/as e investigamos as pegadas, rastros e sinais habituais na Serra de San Mamede.

Colexio Guillelme Brown

Colexio Guillelme Brown

Colexio Guillelme Brown

O entorrno natural que rodea o Centro, favorece a aprendizaxe, mediante xogos e obradoiros, de novos coñecementos sobre o medio natural que nos rodea.

Caja Madrid

Colexio Couto

A tod@s @s nos@s visitantes…

colexio covadonga

Colexio Padre Feijoo

Colexio Mende

Colexio Franciscanas

Colexio Couto

Colexio Guillelme Brown

Colexio Guillelme Brown

Colexio Divino Maestro

[Preme aquí para ver todas as FOTOGRAFíAS destas visitas]

…AGARDÁMOSVOS MOI PRONTO!!!

     Comentarios fechados

Amigos da Terra ven de organizar o segundo Campamento sobre Enerxías Renovables en As Corcerizas

Como gran premio por ser gañadores do concurso que organiza Radio Voz cos Centros escolares, o CEIP de Roxos da localidade de Villestro (Santa María) pasou uns días de Campamento Xuvenil no que os xogos, a convivencia, o aprendizaxe coas enerxías renovables e o respecto á natureza marcaron as xornadas.
As veladas nocturnas deixaron tempo para moita diversión e xogos…

Corte-Ingles-015.jpg

As tradicións e a artesanía sempre teñen un lugar importante en As Corcerizas. Visitamos os pobos de arredor para coñecer de primeira man as técnicas de producción máis antiguas: as manuais.

Corte-Ingles-063.jpg

Corte-Ingles-065.jpg

Corte-Ingles-029.jpg

E como non, sempre hai momentos de camiñar e coñecer a natureza da Serra de San Mamede …

Corte-Ingles-049.jpg

….e de desfrutar dun merecido descanso.

Corte-Ingles-076.jpg

[Preme aquí para ver todas as FOTOGRAFíAS deste campamento]

     Comentarios fechados

Visitas educativas de colexios de Ourense a As Corcerizas

A asociación Amigos da Terra, xestora do Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, en colaboración co Concello de Ourense, inicia mañá unha serie de visitas sobre enerxías renovables e bioconstrución, de diferentes colexios de Ourense.

A visita consiste nun roteiro interpretativo polas instalacións para coñecer “in vivo” a viabilidade do uso de fontes enerxéticas alternativas, e os beneficios dunha construción coherente co medio e saudable para os seus usuarios. Xogos, obradoiros e pequenas rotas pola Serra completarán a estancia dos escolares no Centro.

Visita As Corcerizas

O obxectivo das actividades é dar a coñecer outra realidade dun xeito práctico e vivencial, descubrindo unha alternativa que nos permita vivir dun xeito máis sostible sen renunciar aos niveis de benestar acadados ata agora.

Centros escolares que visitarán As Corcerizas esta semana
25 de abril de 2006 Guillelme Brown
26 de abril de 2006 Divina Pastora
27 de abril de 2006 Covadonga

     Comentarios fechados

« Seguinte páxinaPáxina anterior »