Aplicación de Metodoloxías Científicas para a Conservación do Medio Natural

Programa de educación ambiental para escolares:
PROGRAMA 2009

A Asociación Amigos da Terra e convídavos a participar no Programa Escolar de Educación Ambiental Aplicación de Metodoloxías Científicas para a Conservación do Medio Natural.

Grazas á investigación e ao desevolvemento, podemos aplicar novos coñecementos científicos en diversidade de eidos. Unha aplicación de grande importancia, dado o crecente estado de deterioro do medio, é a utilización da base científica para a conservación do mesmo a través do seu coñecemento.

Metodoloxía Científica en San Mamede

A nosa proposta pretende achegar as prácticas e coñecementos científicos, moitas veces relegados a un sector reducido, á nosa vida cotiá.

Unha fórmula atractiva e diferente de espertar a nosa curiosidade, é mostrar de xeito práctico e vivencial o aspecto empírico da ciencia en plena natureza.

O programa estará en funcionamento desde ata Xuño, dirixido a Centros escolares de toda Galiza.

Horario: chegada ao Centro ás 11:00h; saída ás 17:00h
Destinatarios/as: a partir de 6º de Primaria
Nº de participantes por xornada: 40

Xantar e transporte por conta dos/as participantes.

[Obxectivos e Programa ampliado]

Ficha de inscrición: Formato WORD / Formato PDF
Actividade gratuíta subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria, Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.