Arquivo de Outubro, 2006

Semana da Ciencia en As Corcerizas 2006

Xa están abertas as listas de inscrición para participar na “Semana da Ciencia en Galicia 2006”.

semana da ciencia

Un ano máis Amigos da Terra levará a cabo, no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, actividades a partir do 11 de Novembro.

Este ano as xornadas estarán centradas na “APLICACIÓN DE METODOLOXÍAS CIENTÍFICAS PARA A EXPLORACIÓN, COÑECEMENTO E CONSERVACIÓN DO MEDIO NATURAL”.

Actividades para Centros Escolares
Do 24 ao 30 (días de semana): Maiores de 13 anos
Actividades para Adultos
Do 11 ao 12 (Sábado ou Domingo)

Prazas limitadas

Información ampliada e inscricións: SEMANA DA CIENCIA 2006

Amigos da Terra agradece a especial colaboración da Sociedade Galega de Historial Natural nas actividades de anelamento científico de aves.

sghn

Todas as actividades que se van a levar a cabo serán totalmente gratuitas.

Información xenérica e sobre as actividades programadas en Galicia: semandadaciencia.org

Subvenciona:
dxidi

Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación

     Comentarios fechados

As Corcerizas a vista parapente

O pasado xoves, “Toño de Quiroga” desplegou as súas experimentadas ás e fixo os primeros voos sobre As Corcerizas …impresionante!

parapente_03.jpg

Saiu a media ladeira da Serra de San Mamede, a uns 1200 metros de altitude, aterrando nun anegado, pero “acolledor” prado do pobo da Teixeira.

Agora tocanos a nós!

parapente_02.jpg

Algo de calorciño, unha carreiriña e… a voaaar

Estade atentos ás novas na nosa web, pois na primavera organizaremos varias actividades de parapente.

     Comentarios fechados