Campamentos de Verán

CAMPAMENTOS DE VERÁN AS CORCERIZAS
Ofrece unha boa alternativa e verás cambiar o mundo

O proxecto educativo que desenvolve Amigos da Terra en As Corcerizas, é unha aposta seria e contrastada por unha Educación Ambiental de calidade, non soamente en base a aportar información senón tamén, e sobre todo, a proporcionar experiencias directas e persoais que impliquen aos e ás participantes na problemática ambiental; e que se traduzan en comportamentos e actitudes responsables para ser parte da súa solución, na busca dunha sociedade baseada nos principios da sostibilidade.

Ao longo do Campamento, desenvolveranse as actividades de achegamento á natureza cun dobre carácter: de serio compromiso ético e cunha metodoloxía lúdica e motivadora; proporcionando unha educación e información de calidade, veraz e adecuada ao grupo.

Fomentarase o disfrute e o traballo en equipo, ofrecendo ademais a posibilidade de que varias das actividades e obradoiros sexan desenvolvidos en outra lingua (inglés ou francés), inpartidos por monitores/as nativos/as, adaptándose ao nivel de cada participante. Convertíndose así, nunha experiencia aínda máis enriquecedora.