Aplicación de Metodoloxías Científicas para a Conservación do Medio Natural
Programa de educación ambiental para escolares:
PROGRAMA 2009
Obxectivos
- Revalorizar a importancia do coñecemento científico para a realización de actuacións conscientes, coherentes e sostibles
- Evidenciar que, en termos xerais, só se protexe/conserva o que se coñece, e para coñecer é moitas veces necesario ter unha base científica
- Espertar a curiosidade das/dos participantes mediante comprobacións empíricas, potenciando a imaxinación, a axilidade mental e a capacidade de crítica
- Familiarizar ás/aos participantes coa metodoloxía científica que se está aplicando para o coñecemento do medio, dunha forma lúdica e sinxela.
- Comprender o funcionamento dos procesos naturais a través da ciencia
- Facer conscientes ás/aos participantes das problemáticas ambientais e da necesidade de conservación, fortalecendo ou creando unha conciencia ambiental
- Dar a coñecer o ecosistema de montaña galego
Programa
O programa consiste nunha serie de xornadas dun día nas que, mediante a análise e medición científica de parámetros, manexo de datos, experimentos, obradoiros, xogos…, feitos “in situ” e polos/as propios/as participantes, se pretende a consecución dos obxectivos expostos.
Despois dunha breve explicación da importancia da metodoloxía científica para a obtención de información sobre o medio, levaremos a cabo a recollida de datos mediante a aplicación de protocolos específicos.
Para favorecer a participación de todas/os os integrantes do grupo e representar a aplicación da metodoloxía científica, faremos grupos de traballo que abranguen as seguintes temáticas: flora, fauna, solo, auga e atmósfera.
En función da idade, coñecementos previos e as posibilidades climatolóxicas do día, realizaremos unha serie de actividades e experimentos en relación con cada unha das temáticas.
A segunda parte da xornada adicarase á posta en común e obtención de conclusións. Cada grupo explicará a metodoloxía aplicada e exporá os datos obtidos ao resto das/os participantes. Mediante exemplos, as explicacións dos/as monitores/as e xogos cooperativos de reforzo de contidos (rastros e sinais, residuos, sons da natureza e contaminación acústica, cadea trófica…), obteremos as conclusións e relacionaremos a importancia do traballo feito coa busca de solucións para a mellora do entorno e a súa conservación.
Horario
- 11.00 – 14:00
- 14:00 – 15:00
- 15:00 – 17:00
Presentación do Programa e do Centro.
Explicación da metodoloxía científica. Realización de experimentos e recollida de datos.
Xantar (por conta dos/as participantes).
Posta en común.
Xogos didácticos.
Obtención de conclusións.
Entrega de avaliacións.
[Voltar]



Programa Xeral
Programa Escolar:
Portada
