Arquivo de Febreiro, 2007

Cando o sol alumea polas noites…

Cada vez que os raios solares cheguen á Serra de San Mamede, nas Corcerizas estaremos recollendo parte desa enerxía para compartila máis tarde contigo… cando prendas a luz, ao acender a radio, ou ao conectar o frigorífico.

placas solares fotovoltaicas en san mamede

O plan enerxético, en colaboración co Inega, iniciado no 2006 coa instalación da caldeira de biomasa, continúa con grande éxito no 2007.

Logo de varias xornadas de intenso traballo facendo fronte a inestabilidade climática propia destas datas, a semana pasada quedaba rematada a instalación enerxética solar fotovoltaica.

Gracias ao interese e profesionalidade da empresa Montaxes Lagoa, e tal e como estaba previsto, instaláronse 32 módulos fotovoltaicos que sumarán á produción existente, 5 kilowatios de “enerxía sostible”.

instalacion de placas solares en As Corcerizas


     Comentarios fechados

Ducias de árbores autóctonas medran xa no monte de Arnuide

Gracias a colaboración e esforzo das/dos alumnas/os e do profesorado do CEIP de Vilar de Barrio, ducias de árbores autóconas medran xa no monte comunal de Arnuide.

plantacion monte comunal Arnuide

A actividade deu comenzo no centro escolar onde, mediante xogos e actividades prácticas, reflexionouse sobre as características das árbores que ían plantar, importancia de repoboar cos especies autóctonas, funcións das árbores…

plantacion forestal en Arnuide

Con ilusión e grande maña, cativas de 3 anos ata mozos de 12 plantaron, nunha parcela do monte comunal de Arnuide queimada por un lume forestal, medio centenar de árbores: teixos, acivros, bidueiros, pradairos, castiñeiros, carballos…

Plantacion co ceip vilar de Barrio

Cun pouco de atención, algo de tempo e moito cariño, chegaremos a recuperar o monte galego… o noso monte.

     Comentarios fechados

Escolares de Vilar de Barrio reducen os efectos do lume

O vindeiro mércores 14 de febreiro, o CEIP Vilar de Barrio, achegarase ate o monte comunal de Arnuide para facer unha plantación de árbores autóctonas nunha parcela arrasada polo lume o pasado verán.

plntacion

A xornada dará comenzo no centro escolar, onde Thomas e Marine (voluntarios europeos de Amigos da Terra), organizarán diferentes actividades lúdicas de sensibilización sobre temas forestais.

Arredor das 12:00 todos/as os/as alumnos/as do colexio serán trasladados/as ata a zona prevista, onde traballadores do Concello de Vilar de Barrio xa terán listos os buratos e prestarán apoio aos/ás máis cativos/as.

[Fotografías da Actividade]

     Comentarios fechados

Exitosas xornadas no Pazo de Fontefiz

Ante un numeroso e intersado público os/as ponentes das xornadas presentaron o Filtro de Macrofitas en Flotación, explicando as vantaxes, beneficios e mostrando diversas experiencias xa implantadas noutras zonas da península.

alfredo_macrofitas sl

Abriu as xornadas Vicente Torres (Macrofitas SL), facendo unha reflexión sobre a historia do FMF e presentando o proxecto de potabilización de auga en África mediante macrofitas.
A parte máis técnica foi asumida por Alfredo S. Rodríguez que, con fotos, esquemas e claras explicacións, evidenciou a funcionalidade, simplicidade e baixos custes que ten o sistema.

xornadas macrofitas

Con grande simpatía e demostrando que todo é posible gracias ao “topalantismo extremeño” (tó p’alante), Pedro Delgado (Aquaphytex) expuso o éxito dunha iniciativa xuvenil basada na producion de macrofitas.

Cun punto de vista práctico e realista, Luis C. Laighina (Raiambiente) presentou as experiencias de implatación de FMF en Portugal, como vía de substitución dos ineficientes sistemas actualmente instalados.

Para fechar as xornadas, Paula Vidal de Amigos da Terra, presentou a construción dun FMF no campo de traballo que este verán organizou a Asociación en As Corcerizas, como recurso educativo e solución sostible para a autoxestión das augas residuais do Centro.

xornadas macrofitas

Amigos da Terra agradece o patrocinio de Tragsa e o apoio da Consellaría de Medio Rural; en especial agadecemos o esforzo de Manuel Fernández Somoano na busca e defensa de alternativas sostibles para o medio rural galego.

     Comentarios fechados