Semana da Ciencia 2006
Do 6-12 de novembro
no Centro de Educación Ambiental “As Corcerizas”
APLICACIÓN DE METODOLOXÍAS CIENTÍFICAS PARA A EXPLORACIÓN, COÑECEMENTO E CONSERVACIÓN DO MEDIO NATURAL
Gracias á investigación e ao desevolvemento, podemos aplicar novos coñecementos científicos en diversidade de ámbitos. Unha aplicación de grande importancia, dado o crecente estado de deterioro do medio, é a utilización da base científica para a conservación do mesmo a través do seu coñecemento.

A nosa proposta pretende achegar as prácticas e coñecementos científicos, moitas veces relegados a un sector reducido, á nosa vida cotiá.
Trátase dunha serie de xornadas dun día, nas que realizaremos análises e medicións científicas de parámetros, manexo de datos, experimentos, obradoiros, xogos…, para o coñecemento da nosa flora, fauna, solo, auga e atmósfera. Todo isto, feitos “in situ” e polos propios participantes, convértese nunha fórmula atractiva e diferente de espertar a nosa curiosidade, e mostrar de xeito práctico e vivencial o aspecto empírico da ciencia en plena natureza.
Actividades para Centros Escolares
De Luns a Venres: Maiores de 13 anosActividades para Adultos
Sábado e Domingo
INFORMACIóN AMPLIADA 2006:
Actividades para Centros Escolares
De Luns a Venres: Maiores de 13 anos
Documento: Semana da Ciencia 2006 :: Información CENTROS ESCOLARES
Documento: Semana da Ciencia 2006 :: Cuestionario Inscrición CENTROS ESCOLARES
Actividades para Adultos
Sábado e Domingo
Documento: Semana da Ciencia 2006 :: Información ADULTOS
Documento: Semana da Ciencia 2006 :: Cuestionario Inscrición ADULTOS
Todas as actividades que se van levar a cabo serán totalmente gratuitas.
Para máis información visita o sitio web da:
Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación