Xornada de Rastros e Sinais da Fauna
A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, organiza dentro do Programa de Comunicación e Sensibilización Social do Plan Galego de I+D+i 2006-2010 (IN.CI.TE), a sétima edición da Semana da Ciencia en Galicia no marco da Semana Europea da Ciencia e da Semana estatal.
Amigos da Terra participa un ano máis neste programa, cunha atractiva xornada sobre rastros e sinais da fauna.
Autor da Fotografia:
Juan Ignacio Díaz da Silva
|
Con esta actividade, darase a coñecer, de xeito práctico e coa axuda de fotografías de restos, pegadas e escenarios, a cantidade de indicios que deixan os animais, abrindo unha porta a todas aquelas persoas que desexen coñecer a natureza doutra forma distinta.
Autor da Fotografia:
Juan Ignacio Díaz da Silva
|
Para a realización da xornada, conteremos coa colaboración de Juan Ignacio Díaz da Silva, especialista na materia e coordinador do Museo da Natureza da Sociedade Galega de Historia Natural.
Programa da Xornada 11 de Novembro de 2007:
- 11.30 – 13:30: Metodoloxía científica
- 13:30 – 14:30: Xantar (por conta dos/as participantes)
- 14:30 – 15:30: Obradoiro de procedemento in situ
- 15:30 – 17:30: Saida de campo practica e… magosto
Se ademais queredes aproveitar a fin de semana na Serra San Mamede, Amigos da Terra, ofrece servizo de albergue o sábado pola noite co almorzo do domingo.
- Prezo do servizo de albergue: 10 euros por persoa
- Prezo do almorzo: 2.5 euros por persoa
A Xornada de Rastros e Sinais é gratuita.
Para participar envía a ficha de inscrición a: info@ascorcerizas.com.
As prazas son limitadas!!
Ficha de inscrición: Formato Word | Formato PDF