Programa xeral de actividades ofertadas
A SERRA DE SAN MAMEDE ÁBRESE ANTE TI
Descubre a tranquilidade dos seus arredores e os agrestes cumios embelecidos polo paso do tempo.
PLAN DE ACTIVIDADES PARA GRUPOS CONCERTADOS E ESCOLARES
Poñemos á vosa disposición unha ampla oferta de actividades coas que, atendendo ás vosas preferencias, poderemos confeccionar un programa específico:
- Roteiros interpretativos:
• A Serra de San Mamede, entorno natural e cultural: sentir, coñecer e actuar.
• Cambio climático – enerxías renovábeis – desenvolvemento sostible.
• Bioconstrución: vivir nunha casa sa.
- Visita interpretativa polas instalacións de “As Corcerizas”.
Abastecidas por Enerxías Renovábeis (placas solares fotovoltaicas e térmicas, caldeiras de biomasa e eléctrica, aeroxenerador, microturbina, baterías estacionarias); e feitas con técnicas e materiais de biocosntrución e arquitectura bioclimática.
- Actividades prácticas no campo.
A Serra de San Mamede resulta un enclave natural excepcional para coñecer a natureza e os recursos do singular Macizo Central Ourensán: plantacións, rastrexos, estudos de biodiversidade, topografía e orientación, saídas prácticas sobre paisaxe, xeoloxía, edafoloxía, …
- Visitas e actividades etnográficas.
A ubicación do Centro e a súa proximidade con varios pobos típicos da montaña galega e outros elementos patrimoniais singulares, brindaranos a oportunidade de visitar, acompañados moitas veces polos seus actuais ou pasados poboadores, muíños de auga, fornos comunais, pobos abandonados,… descubrindo os oficios, apeiros de labranza, arquitectura tradicional, lendas e tradicións a día de hoxe vixentes…
- Obradoiros.
Unha ampla oferta de obradoiros será a fórmula ideal para aprender xogando novas habilidades e coñecementos.- Obradoiros ambientais: enerxías renovábeis, natureza, residuos, compostaxe, pegadas da vida do bosque, audicións, videforums…
- Alimentación e consumo: comercio xusto, agricultura ecolóxica, coñecemento dos alimentos e consumo responsable…
- Traballos manuais: xogos e xoguetes de refugallo, caixas niño, comedeiros para paxaros, bixutería natural, papiroflexia, papel maché, barro, abalorios, papel reciclado…
- Obradoiros ambientais: enerxías renovábeis, natureza, residuos, compostaxe, pegadas da vida do bosque, audicións, videforums…
- Actividades de animación, lecer e tempo libre:
Xogos, dinámicas de grupo, cancións do mundo, astronomía, deportes alternativos, veladas nocturnas, festas temáticas, festa de despedida…
Un bo complemento dentro da programación para desenvolver e adquirir, actitudes, aptitudes e capacidades tales como: sicomotricidade, cooperación, respecto mutuo, coordinación, socialización, imaxinación, axilidade física e mental…
- Campamentos, campos de traballo, intercambios culturais
O Centro oferta a súa propia programación, estando aberto a colaborar con outras entidades organizadoras.
CURSOS, XORNADAS, SEMINARIOS, PROGRAMAS DE FORMACIÓN, ENCONTROS…
(Realización propia e concertada)
Algunhas das temáticas tratadas nas actividades formativas desenvolvidas no Centro son:
• Agrogandeiría e silvicultura ecolóxica • Tránsxénicos • Bioconstrución • Enerxías renovábeis • Cambio climático • Compostaxe |
• Educación ambiental • Cooperación ao desenvolvemento • Maratón fotográfica • Residuos • Ornitoloxía • … |
A nosa experiencia abálanos:
Entre os nosos clientes e colaboradores están distintas Administracións Públicas como: Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior; Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado; Consellería de Educación e Ordenación Universitaria; Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural; Concello de Vilar de Barrio; Concello Maceda; Concello de Ourense; Casa da Xuventude de Ourense; Universidade de Santiago de Compostela; Universidade de Vigo; Instituto Enerxético de Galicia (Inega).
Tamén colaboramos con diferentes Entidades Privadas como Fundación Paideia; Coperactiva; Fundación Galicia verde; Altega; Asociación para o desenvolvemento rural sostible “Grelo Verde – Biocoop”; Asociación de Labregos da Cooperativa “Daiqui”.