Xornadas de Enerxías Renovables e Bioconstrución
Sentir, coñecer e actuar
A xornada consta dunha visita práctica e vivencial polas instalacións do C.E.A. As Corcerizas, pioneiro en Galicia no eido das enerxías renovables e a bioconstrución, para achegar aos participantes aos problemas derivados do cambio climático e coñecer a realidade das enerxías renovables, valorándoas coma unha opción eficaz e sostible para a nosa sociedade actual.

Descubrirán as potencialidades, vantaxes e beneficios dunha boa xestión de residuos, comprobando in situ o funcionamento da depuración biolóxica das augas residuais mediante a utilización de plantas (macrófitas), xunto coa compostaxe dos sólidos orgánicos; tamén coñecerán novas técnicas e materiais de bioconstrución, que nos permiten vivir dun xeito máis sostible, sen renunciar aos niveis de benestar alcanzados ata agora.
![]() |
Todo isto fai que As Corcerizas se presente coma un recurso educativo en si mesmo. Un recurso que xunto cunha serie de obradoiros e xogos, se postula como a fórmula ideal para aprender, xogando, novas habilidades e coñecementos. |