Plan de Formación Continua de Monitores/as e Directores/as de Tempo Libre
O vindeiro Sábado 21 e Domingo 22 de Abril terá lugar en As Corcerizas o curso de “Actividades Saudabeis”. Acción enmarcada dentro do plan de formación continua de profesionais do tempo libre. (Programa Completo)
O Plan de Formación Continua quere ofrecer aos/ás monitores/as e directores/as de tempo libre galegos/as unha posibilidade real e aberta de ampliar e mellorar os seus coñecementos e recursos a través dunha serie de cursos de formación, actualización e perfeccionamento.
CONTIDOS: comportamentos saudábeis a transmitir por parte dos educadores/as: hábitos de vida saudábeis, reflexión sobre os tópicos colectivos erróneos, criterios de actuación sobre qué é vida saudábel e a adquisición de coñecementos, aptitudes e ferramentas para planificar a vida saudábel nos campamentos.
PRAZAS LIMITADAS: hai 20 prazas para que os partcicipantes interesados se anoten ao Plan desta fin de semana.
PREZO: somentes, 20€.
AMBITO DE ACTUACIÓN DO PROGRAMA: Abrangue tres seminarios educativos, programación, lingua e verán e actividades saudábeis, indispensables para reforzar a vertebración educativa común a todas as accións de ocio da Campaña de Verán.
LEMBRA! Se queres completar a túa formación como monitor/a ou director/a, asiste esta fin de semana ás Actividades Saudábeis que se organizan no Centro de Educación Ambiental “As Corcerizas”, que Amigos da Terra xestiona. Encravado nun entorno natural único pertencente á Rede Natura e Lugar de Importancia Comunitaria.
INSCRIPCIÓN:
Chamando xa!
Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade: 981.544.735
Delegacións provinciais:
Pontevedra: 986.817.078
Ourense: 988.386.118
Lugo: 982.294.224
A Coruña: 981.226.550