AVENTURA ECOLÓXICA:
centro de educación ambiental “AS CORCERIZAS”O Centro de Educación Ambiental “As Corcerizas”, situado en plena Serra de San Mamede (Ourense), preséntase ante as Entidades Locais como unha oportunidade única para dar a coñecer, de xeito vivencial, a realidade das enerxías renovábeis e as máis innovadoras técnicas de bioconstrución e arquitectura bioclimática.
O feito de estar localizado dentro do Macizo Central Ourensá (proposto pola Xunta de Galicia como Lugar de Interese Comunitario na Rede Natura 2000), brindará aos participantes a oportunidade de mergullarse neste entorno natural excepcional e aprender disfrutando da natureza, os recursos e habitantes desta singular paraxe.

Na actualidade está xestionado pola asociación “Amigos da Terra”, que é unha ten como obxectivo principal o estudio e defensa do medio ambiente e que está profundamente vencellada a Amigos de la Tierra Internacional (Friends of the Earth International), entidade da que forma parte activa.

A súa longa traxectoria en temas de educación, formación, animación e divulgación, aportan a confianza necesaria que garante un campamento de alta calidade; onde os participantes van a adquirir coñecementos e actitudes de xeito informal, que os capacitarán para vivir con coherencia e respecto nunha sociedade de futuro.
INSTALACIÓNS
O Centro de Educación Ambiental “As Corcerizas” conta con 4 edificios principais independentes integrados no ecosistema forestal da serra: aulario, casa das enerxías, albergue e comedor. Ademais dispón de varias construcións complementarias.
- Aulario: Con arquitectura bioclimática e de bioconstrución que garante a total comodidade dos participantes. Posúe unha superficie de 80 m2.
A aula está equipada con mobiliario docente para máis de 30 participantes, ademais dos elementos auxiliares necesarios e medios audiovisuais.
- Comedor: Construído tamén con criterios e materiais de bioconstrución. Dispón de mobiliario necesario para ofrecer servizo ate 80 persoas. Ademais, presenta unha sala multiusos–comedor superior a 50 m², aseos diferenciados por sexos e outro aseo con adaptación para persoas con discapacidade, sala de reunións,
oficina, cociña industrial, despensas, almacén e cheminea.
- Datos do albergue: Reformado con criterios e materiais de bioconstrución, con capacidade para 40 persoas (2 camas adaptadas para persoas con discapacidade).
Dispón de aseos con lavabos, retretes e duchas, diferenciados por sexos, e outro adaptado para discapacidados.
Ademais, presenta un salón comunitario con cheminea, unha cociña de uso comunitario, unha enfermería e recepción. Dispón de calefacción en todas as habitacións.
- Casa das enerxías: Nela centralízanse todos os sistemas de producción e
distribución enerxética compostos por paneis de control, 144 baterías
estacionarias, colectores de auga quente sanitaria, caldeira de biomasa, placas
solares térmicas e fotovoltaicas e grupo electróxeno.
Outras construcións:
• Turbina.
• Potabilizador con diversos sistemas de regulación.
• Encoro.
• Aeroxerador.
EQUIPO TÉCNICO
Dacordo co Decreto 50/2000, as nosas actividades desenvolveranse cun ratio de polo menos 1 monitor por cada 10 participantes, un director e, un socorrista titulado cando a actividade o requira. Cumprindo coas esixencias legais, o equipo educativo está constituído por persoal titulado acreditado en materia de medio ambiente, educación, ocio e tempo libre, que conta cunha ampla experiencia en campamentos, campos de traballo, actividades extraescolares, educación ambiental, etc.

Ademais, para o bo funcionamento das instalacións, contamos con persoal de cociña, mantemento e limpeza.
ACTIVIDADES dos CAMPAMENTOS DE VERÁN 2005
Todas as actividades adáptanse aos diferentes grupos de idade e son escollidas e organizadas para desenvolver e adquirir actitudes e capacidades como psicomotricidade, cooperación, respecto mutuo, coordinación, socialización, imaxinación, axilidade física e mental e, por suposto, tamén para aprender.
As actividades do campamento están enfocadas sempre baixo unha perspectiva educativa á vez de lúdica. Dispomos dunha ampla oferta de actividades que detallamos a continuación. Se nos manifestan algunhas preferencias, poderemos confeccionar un programa específico adaptado a elas.
Listado de actividades:• Educación Ambiental: Estaremos en plena Serra de San Mamede, un enclave natural excepcional para coñecer a natureza e os recursos do singular Macizo Central Ourensán no que se nos brinda a posibilidade de realizar actividades para disfrutar aprendendo e valorando o medio ambiente.

Os participantes terán a singular oportunidade de usar, durante toda a súa estancia, enerxías renovables e poderán comprobar como funcionan. Faremos moitas actividades para estudar a riqueza de animais e plantas e temos a seguridade de poder ver os cervos e corzos que hai na Reserva ó noso carón, avistar as distintas especies de aves, investigar as pegadas dos animais nocturnos, …

• Actividades de animación, lecer e tempo libre: Ducias de xogos, dinámicas de grupo, cancións do mundo, astronomía, deportes alternativos, veladas nocturnas e festas temáticas constitúen o corazón do campamento.

• Aire libre: Faremos moitas actividades ao aire libre, explotando o óptimo entorno que temos o noso carón. Haberá actividades de sendeirismo, orientación, rastrexo, acampada (cando o tempo o permita) e a posibilidade de bañarse no río Arnoia.

• Visitas e actividades etnográficas: A nosa proximidade a varios pobos típicos da montaña galega e outros elementos patrimoniais singulares, brindaranos a oportunidade de visitar, acompañados moitas veces polos seus actuais ou pasados poboadores, muíños de auga, fornos comunais, pobos abandonados, …; descubrindo os oficios, apeiros de labranza, arquitectura tradicional, lendas e tradicións, etc.
• Obradoiros: Un bo xeito de sacar a luz a destreza que todos levamos dentro.
Realizaremos todo tipo de traballos manuais. Estas son algunhas das posibilidades:
xogos e xoguetes de refugallo, caixas niño, comedeiros para paxaros, bixutería natural, papiroflexia, papel maché, barro, abalorios, papel reciclado.
VANTAXES DOS NOSOS CAMPAMENTOS
• Somos unha entidade sen ánimo de lucro, polo que noso obxectivo non é o rendemento económico senón o de realizar unha actividade de calidade onde os obxectivos educativos son, xunto co máximo nivel de disfrute dos participantes, a maior prioridade.
• Unha das nosas máximas vantaxes é a transparencia, polo que previa solicitude, poden visitar o Centro e comprobar persoalmente as características da instalación e seu equipamento antes de contratar o servizo.

• Se o desexan podemos concertar unha charla de presentación aos pais ou promotores co equipo técnico, que exporá as características do campamento (actividades, horarios, menú, normas básicas, prendas e útiles recomendables…), resolvendo calquera dúbida.

• Durante toda a súa estancia os participantes estarán cubertos cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes recibindo atención permanente por parte do equipo técnico.
• O emprazamento das instalacións e zonas de actividades garanten o benestar e a seguridade dos participantes, ao poder respirar o aire puro da Serra, refrescarse nas límpidas augas dos cumios das montañas, afastándose da múltiple contaminación das cidades e grandes vías de comunicación.
• Na medida do posible, os alimentos frescos consumidos diariamente procederán de cultivos biolóxicos da zona, seguindo criterios de sostibilidade e desenvolvemento rural.

• Ao longo de todo o campamento haberá avaliacións internas do equipo de monitores e avaliacións conxuntas cos participantes, coa finalidade de observar o cumprimento dos nosos obxectivos educativos, o grao de incorporación dos coñecementos transmitidos e o nivel de satisfacción e benestar dos participantes.• Unha vez rematado o campamento, faráselle entrega á Entidade contratante dun informe co resumo das actividades levadas a cabo, unha avaliación final global e un CD con material gráfico.
PARTICIPACIÓN
- A nosa oferta de campamento está dirixida a rapaces de 8 a 14 anos.
- O número máximo de participantes é de 40 nenos por campamento. Se a entidade promotora quixera amplialo, estudiaríamos o xeito de facelo.
- Os campamentos desenvolveríase ó longo de 8 días durante os meses de xullo e agosto.
TARIFAS
O custe total do campamento é de 160 euros por participante.
- O prezo inclúe:
• Manutención (almorzo, xantar, merenda e cea).
• Aloxamento.
• Persoal técnico. Monitores. Ratio: 1 monitor/10 participantes.
• Programación diaria atendendo ás necesidades e intereses do grupo.
• Gastos de programación e xestión.
• Auga quente.
• Material para a realización das actividades.
• Uso e desfrute das instalacións.
• Seguro de Responsabilidade Civil.
NOTA: Os participantes terán que traer saco de durmir, traxe de baño, toalla e chanclas.
- Observacións:
• O prezo non inclúe IVE (o IVE aplicable é do 7 %).
• No caso de que algún participante tivera que abandonar o campamento antes de finalizar este, non terá dereito a devolución total nin parcial da inscrición.
• En caso de anulación do campamento por parte da Entidade contratante, devolverase a fianza sempre e cando a suspensión se notifique antes do 5 de xuño.
• Se por algunha causa maior Amigos da Terra ten que pospor ou suspender o campamento, efectuarase o abono da inscrición aos participantes; quedando a entidade exenta de realizar calquera tipo de indemnización.
INSCRICIÓN
- As Entidades interesadas deberán poñerse en contacto con Amigos da Terra para cubrir as fichas de preinscripción e abonar a fianza antes 25 de maio de 2005.
- Para contactar con Amigos da Terra dirixirse a:
Correo postal: Amigos da Terra. Rúa Curros Enríquez 19, 1º interior 32003 Ourense.
Teléfono: 988 374 318
Fax: 988 511 020
Correo electrónico: info@ascorcerizas.com
|