FMF: Tratamento alternativo de augas residuais en As Corcerizas

Amigos da Terra ven de poñer en marcha un sistema innovador e único en Galicia para o tratamiento das aguas residuais: Filtro de Macrofitas en Flotación (FMF), dando así un paso máis cara a súa autoxestión sostible.

filtro de macrofitas en flotación

O FMF é un sistema de depuración biolóxica mediante plantas acuáticas que, coa novidade da súa posición flotante, garantiza unha eficaz depuración. Ademáis de resolver de forma sostible a xestión das aguas residuais, crea e preserva un hábitat ameazado e de incalculable riqueza como é o humedal.

Para a planificación do proxecto contamos co inestimable apoio das empresas Macrofitas SL e Aquaphytex, que dende un principio non dubidaron en ofrecer a súa axuda, tanto presencial como vía internet.

A posta en marcha foi posible grazas á ilusión e esforzo das/os voluntarias/os, procendentes de todo o Estado, e os/as monitores/as que participaron no campo de traballo “Novas tecnoloxías no medio rural e educación para a sostibilidade”, que Amigos da Terra organizou nas instalacións de As Corcerizas o pasado mes de agosto.

campo de traballo en As Corcerizas

Os resultados: Pódese decir a día de hoxe que a implantación do proxecto foi todo un éxito. As plantas teñen un crecemento óptimo e hai ausencia de pragas. Falta esperar á primaveira do ano que ven para determinar se o grado de depuración é o esperado.

fmf

Este é o increíble aspecto que presenta o sistema de depuración 15 días despois da súa plantación.

[Fotografías do Campo de Traballo: implantación do FMF]
Documentación elaborada por Macrófitas sl:
[FMF Amigos da Terra documento PDF 1.55 MB]
[Información anterior do Campo de Traballo: implantación do FMF]

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade