As Corcerizas nas VI Xornadas Galegas de Educación Ambiental
Amigos da Terra participa nas VI Xornadas Galegas de Educación Ambiental, que terán lugar en Santiago de Compostela o 25,26 e 27 de xuño, e que están patrocinadas pola Consellería de Medio Ambiente.
Este ano, están orientadas a resituar os problemas ambientais do século XXI, debater os avances realizados en Galicia e no Estado na implantación de estratexias de educación ambiental e así mesmo, ofrecer un foro para o intercambio de experiencias neste eido.
As xornadas incluirán mesas redondas, sesións de intercambio de experiencias e comunicacións. Neste senso, Amigos da Terra, realizará unha comunicación sobre o Centro de Educación Ambiental As Corcerizas.
Ademais, haberá unha Mostra de Educación Ambiental, na que se exporán e difundirán materiais, equipamentos e recursos das entidades e asociacións interesadas.



Programa Xeral
Programa Escolar:
Portada
