“Camiñando ao son das montañas” pecha as súas portas

A ruta da pasada fin de semana, puxo punto e final, por este ano, a actividade “Camiñando ao son das montañas”, que Amigos da Terra realiza dentro do programa Naturalmente Galiza.

natu14.jpg

Foron catro fins de semana, nos que cerca dun centenar de persoas, acercáronse ata a O Centro de Educación Ambiental de As Corcerizas na Serra de San Mamede, para disfrutar das variadas actividades que ofrece este programa, tales como, unha ruta ambiental interpretativa polo Bidueiral de Montederramo zona LIC dentro da Red Natura 2000, onde puideron realizar avistamentos de rastros e sinais da fauna do contorno e onde tamén aprenderon técnicas de supervivencia na montaña.

natu12.jpg

Tamén disfrutaron de momentos de relax, coma o baño termal no Balneario de Baños de Molgas, así como unha visita guiada polos equipamentos de As Corcerizas, para así coñecer o perfecto funcionamento das enerxías renovables.

natu23.JPG

Segundo os responsables da actividade, os participantes valoraron moi positivamente o conxunto das actividades desenvolvidas e xa están desexando que chegue o ano que ven para disfrutar dunha nova edición de “Camiñando ao son das montañas”.

Os comentarios están fechados.