Programa “Sentir, coñecer, actuar” 2009
As actividades do programa de educación ambiental, “Sentir, Coñecer, Actuar” 2009, continúan a súa andaina no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas.
Os últimos centros en participar foron o C.E.I.P Monte Baliño, o I.E.S Abrente e o I.E.S Xesús Ferro Couselo, quen puideron disfrutar dunha xornada lúdica e de aprendizaxe na Serra de San Mamede.
A temática do cambio climático, foi a máis demandada polos centros, que puideron comprobar “in situ”, a viabilidade das enerxías renovables como unha alternativa viable para a vida cotiá, e un modo de axudar a frear o impacto que o cambio climático está tendo no noso planeta.