Iníciase a 2ª edición do programa ambiental Sentir, Coñecer, Actuar
Amigos da Terra arrinca esta semana a II edición do Programa de educación ambiental para escolares Sentir, Coñecer, Actuar.
A Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, apoia e subvenciona novamente este programa que xa o ano pasado beneficiou a máis de 300 escolares da provincia de Ourense.

Actividades sobre enerxías renovables, residuos, cooperación, coñecemento do medio, conservación, música e medio ambiente… encherán de contido e experiencias prácticas os 5 programas ofertados:
- Unha aposta contra o cambio climático
- A música das montañas galegas: música e medio ambiente
- Roteiros interpretativos ambientais e etnográficos
- Medio ambiente e cooperación ao desenvolvemento
- O valor dos nosos recursos: programa para escolas rurais unitarias

Esta 2º edición incorpora como novidade a ampliación do nº de participantes: 30 para a actividade de música e medio ambiente e 40 para o resto das xornadas.
Xa están abertas as listas de participación. Non vos demoredes, as prazas son limitadas!!
Información ampliada do programa: Sentir, Coñecer, Actuar



Programa Xeral
Programa Escolar:
Portada
